traballo
Novas
VULCANO

O BNG de Vigo critica con dureza que o Delegado do Goberno se aliñe con López Veiga contra Vulcano

A fronte nacionalista advirte de que a posición expresada por Javier Losada colida co pactado no acordo de investidura asinado entre PSOE e BNG, no que se recolle o compromiso do Goberno español para reanudar a actividade en Vulcano.

Xabier P. Igrexas: “Finalizar a concesión portuaria é tanto como asinar a definitiva sentenza de morte de Vulcano. O BNG non o imos permitir e defenderemos con belixerancia e firmeza que queremos un naval con futuro”.

Ler novas
Novas
psa

O BNG denunciará no Parlamento galego a problemática laboral na factoría de PSA en Vigo

A deputada, Carmela González, trasladará unha serie de iniciativas para esixir que a Xunta, como autoridade laboral, garanta o cumprimento dos protocolos preventivos, o dereito aos descansos e que non se siga subvencionando con diñeiro público a precariedade laboral.

Os sindicatos CIG e CUT denuncian que se está reducindo o tempo efectivo de descanso, que non se reduciu nin a carga nin o ritmo de traballo e que non hai transparencia na xestión do impacto da Covid no cadro de persoal. Máis do 60% do plantel está contratado a xornada parcial de 4h.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno de Vigo

Xabier P. Igrexas: “A verdadeira desconexión é a do Goberno municipal da situación de emerxencia laboral que se vive na cidade”

O BNG reacciona ás descualificacións do concelleiro de Emprego, Abel Losada, após a fronte nacionalista demandar un maior esforzo en políticas de emprego a nivel municipal. 

O Bloque lembra que na tramitación dos actuais orzamentos demandou incrementar as partidas de Emprego en 1.510.000 euros adicionais, proposta que contou co rexeitamento da maioría absoluta do PSOE. 

Ler novas
Novas
unisono

O BNG de Vigo urxe a actuar para que non se siga traballando nos centros de chamadas e outras empresas sen medidas preventivas

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que se poña en risco a saúde de centos de traballadores e traballadoras polo capricho irresponsábel das empresas” 

A fronte nacionalista demanda que as autoridades competentes actúen de inmediato despois de que se confirmase un positivo por Covid19 nun dos centros da empresa Unísono e os flagrantes incumprimentos en materia preventiva que se están a denunciar. 

Ler novas
Novas
verbum

O BNG pide que o Concello de Vigo actúe contra a empresa de seguridade dos museos 

  • Denuncian que a adxudicataria inda non lle pagou ao seu persoal a paga extra de nadal, non renovou a uniformidade nin realizou a formación obrigatoria anual.
  • Esta empresa xa tivo mensualidades impagadas o pasado ano e podería ver embargadas as súas contas poñendo en risco o abono dos salarios ordinarios.
  • O Goberno municipal é coñecedor desta situación desde hai varias semanas e non adoptou ningunha decisión.
Ler novas