urbanismo
Novas
Xabier P. Igrexas, ortavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia a tramitación antidemocrática do PXOM e esixe a convocatoria do Consello Social da Cidade antes da súa aprobación definitiva

Rexeita que o Goberno de Abel Caballero pretenda impoñer co seu “rodete absolutista” un Plan Xeral “elaborado na escuridade dos despachos e ao servizo dos poderosos intereses dos de sempre”

A fronte nacionalista votou hoxe na Xerencia Municipal de Urbanismo en contra do novo Plan Xeral e criticou a “abstención cómplice” do Partido Popular

Xabier P. Igrexas: “A opacidade e falla de participación fan deste novo PXOM unha estafa antidemocrática”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo urxe actuar polas molestias veciñais que provoca construción dun edificio en Serafín Avendaño

A fronte nacionalista demanda da Xerencia de Urbanismo que dea resposta ás queixas da veciñanza polos trastornos que provoca desde máis de dous anos esta obra

Denuncia o absoluto “descontrol” dunha obra que provoca ruídos, exposición a partículas en suspensión e que impide de maneira reiterada o tránsito seguro de peóns e vehículos

Xabier P. Igrexas:  “Non é razoábel que unha obra se apropie do espazo público, ocupando mesmo beirarrúas para instalar materiais de construción e que de maneira sistemática se feche a rúa ao servizo da promotora”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo urxe que Concello e Xunta cooperen para ofrecer 400 vivendas de alugueiro social antes de fin de ano

A fronte nacionalista pide un Plan de Choque para as 22 mil vivendas baleiras existentes na cidade, principiando polos inmóbeis dos que é titular a Sareb e os bancos rescatados

Xabier P. Igrexas: “É hora de pasar dos discursos aos feitos ante a emerxencia habitacional que sofre Vigo, nunha cidade con tantas vivendas sen xente non se pode tolerar que cada vez máis xente quede sen casa”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo urxe a creación da Axencia Local de Vivenda Protexida e Social para enfrontar a emerxencia habitacional

A proposta busca frear a escalada de prezos e dotar a cidade dun parque público de vivenda e xa foi aprobada polo Pleno nunha moción nacionalista hai un ano

Critican a inacción da Xunta de Galiza, que apenas promoveu 62 vivendas en Vigo desde 2009, e a falla de medidas por parte do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “A maior cidade de Galiza non pode seguir sen unha política pública enérxica que permita á xente vivir na súa propia cidade”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG esixe transparencia sobre os cambios incluídos no novo PXOM de Vigo cara á súa aprobación definitiva

A fronte nacionalista expresa a súa preocupación despois de que o Goberno municipal recoñecera, na comparecencia da equipa redactora da pasada semana, que o documento urbanístico sufriu modificacións dende a aprobación provisional

Xabier P. Igrexas: “Este debate final do Plan Xeral precisa de algo que o absolutismo de Abel Caballero negou á veciñanza: participación, diálogo e transparencia”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo propón unha comisión para definir con participación o futuro da Panificadora

A fronte nacionalista demanda axilidade e diálogo para garantir que a recuperación da Panificadora teña o mellor aproveitamento social e a máxima protección patrimonial

Pide que a Zona Franca aclare xa cal vai ser a súa participación no proxecto despois de que non teña avanzado no convenio que se anunciou en setembro do ano pasado

Xabier P. Igrexas:
“Sería unha oportunidade perdida e un grande fiasco lograrmos recuperar a Panificadora para a converter nun espazo multiusos sen usos claros ou nun espazo administrativo máis como parece pretender Caballero”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo denuncia a 'pinza' de PSOE e PP para impoñer un PXOM ao servizo dos poderosos intereses dos de sempre

Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais

A fronte nacionalista esixe transparencia na tramitación final do novo PXOM e que se dean a coñecer os cambios que sufriu o documento desde a súa aprobación inicial

Xabier P. Igrexas: “O BNG seguiremos a defender até o final, inda que sexa en solitario fronte ao ‘PPSOE’, que o novo Plan Xeral ten que avanzar cara un Vigo máis sustentábel colocando o urbanismo ao servizo da veciñanza e do interese xeral”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo urxe reactivar o Consello Sectorial de Urbanismo antes da aprobación definitiva do novo PXOM

A fronte nacionalista pide constituír este organismo obrigatorio con representación dos axentes urbanísticos e do tecido social para contar cun Plan Xeral con participación

Xabier P. Igrexas: “É a derradeira oportunidade para que o Goberno de Caballero rectifique a tramitación dun PXOM que marcou todos os récords de opacidade”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG denuncia a continua opacidade co novo PXOM de Vigo: “Que está a tramar Caballero ás agachadas?”

A fronte nacionalista cuestiona a negativa do Goberno municipal a que compareza a equipa redactora do novo Plan para explicar as modificacións dende a súa aprobación provisional

Lamenta que millares de alegacións veciñais continúen aínda na “absoluta incerteza”

Xabier P. Igrexas: “Todo é escuridade para facilitar os poderosos intereses dos de sempre”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo cualifica de “insulto propagandístico” as axudas para rehabilitar vivendas para alugueiro anunciadas por Caballero

Critican que esas axudas só beneficiarán a menos de 40 vivendas nunha cidade na que xa son máis de 6 mil as persoas rexistradas como demandantes  de vivenda protexida

A fronte nacionalista propón, de novo, crear a Axencia Local de Vivenda Protexida e Social, mobilizar 5 dos case 200 millóns de euros de remanentes para política de vivenda, e despregar un Plan de Emerxencia Habitacional con 250 vivendas municipais este ano

Xabier P. Igrexas: “Non lle imos esixir a Caballero as 6 mil vivendas que prometeu que faría en 2007 e das que 16 anos despois non fixo ningunha, pero o Goberno municipal pode e debe facer moito máis para facilitar o acceso social á vivenda”

Ler novas