O BNG de Vigo demanda a paralización inmediata da produción de bens que non sexan indispensábeis
Xabier P. Igrexas: “Hai que garantir a protección da saúde e a efectividade da prevención colectiva fronte ao coronavirus, tamén a dos traballadores e traballadoras de PSA e do conxunto da nosa industria”.
A fronte nacionalista mantén unha “colaboración leal” co Goberno municipal e agradece a interlocución aberta por este con todas as forzas políticas da Corporación.
Fan un apelo á “serenidade e a responsabilidade” e recoñecen o “comportamento exemplar” da cidadanía e, especialmente, do persoal sanitario, dos e das traballadoras do comercio alimentación, farmacias e outros estabelecementos esenciais.
O BNG de Vigo traslada a súa disposición a colaborar co Goberno municipal para robustecer a resposta fronte a crise do coronavirus
A fronte nacionalista saúda positivamente as medidas anunciadas onte polo Concello.
Xabier P. Igrexas dirixiu un escrito con propostas ao alcalde e conversou esta mañá co portavoz do Goberno local expresando a súa vontade a “cooperar desde a máxima lealdade institucional”.
O BNG pide que se paralicen as obras do túnel para valorar outras alternativas que permitan a peonalización completa da Porta do Sol até o Paseo de Afonso
A fronte nacionalista critica a improvisación do Goberno municipal despois de que se anuncie a ampliación do túnel até Torrecedeira e defende que existen alternativas tecnicamente viábeis que evitarían unha actuación "innecesaria, custosa e agresiva".
Xabier P. Igrexas: "Caballero en lugar de rectificar decidiu multiplicar a equivocación facendo máis larga e máis profunda a navallada ao corazón da cidade".
O BNG comprométese a reverter a privatización sanitaria na área de Vigo
Xabier P. Igrexas: “A sentenza do TSXG que obriga a pagar o IBI confirma que o Álvaro Cunqueiro non é un hospital público”.
A fronte nacionalista chama a defender unha “sanidade 100% pública” nas urnas o próximo 5 de abril co compromiso de rescatar a concesión do HAC e avanzar na absorción de Povisa polo Sergas.
O BNG comprométese a seguir defendendo a absorción de Povisa polo Sergas
A fronte nacionalista mantivo un encontro co Comité de Empresa cando se van cumprir 100 días da compra do hospital polo grupo Ribera Salud.
A deputada, Montse Prado, reclamou transparencia na xestión do concerto singular e a fin da precariedade laboral.
O concelleiro, Xabier P. Igrexas, esixiu que se garanta a atención sanitaria nas mesmas condicións que na rede Sergas e pediu que PP e PSOE aclaren antes do 5 de abril se manterán o actual modelo de concerto “que fai da saúde un negocio”.
O BNG de Vigo propón faixas horarias sen música e pirotecnia silenciosa para lograr unhas festas inclusivas
Xabier P. Igrexas defende que estas medidas, que xa se aplican noutros concellos, permitirían uns festexos máis accesíbeis para persoas con diversidade funcional e máis respectuosas cos animais.
O BNG de Vigo demanda unha auditoría do servizo de autobús urbano para melloralo
Xabier P. Igrexas demanda unha “remodelación integral” cun novo mapa de liñas, máis frecuencias, menor tempo de viaxe, facilidades para o transbordo e tarifas máis económicas.
A fronte nacionalista sinala que o aumento de viaxeiros e viaxeiras en 2019 foi case a metade que o rexistrado en 2018.
O BNG de Vigo levará ao pleno municipal a demanda de que Xunta e Goberno do Estado actúen para garantir a continuidade de Barreras e Vulcano
Xabier P. Igrexas reclama da Xunta “unha intervención pública decidida” en Barreras para asegurar o futuro dun “sector estratéxico”.
A fronte nacionalista esixe a saída de López Veiga da Autoridade Portuaria após se coñecer que mentiu sobre un presunto ditame do Consello de Estado e polo seu “permanente boicot” a Vulcano.
O BNG reclamará en Madrid que se concrete o apoio do novo Goberno español a Barreras
- Néstor Rego: “Nos próximos días presentaremos unha iniciativa parlamentaria ao respecto, manteremos as conversas pertinentes co Ministerio de Industria, manteremos a comunicación co comité de empresa. Dende logo estaremos sempre ao dispor dos traballadores e traballadoras para darlle unha saída definitiva a Barreras e que garanta a súa continuidade”.
- A fronte nacionalista volveu demandar, por boca do seu concelleiro en Vigo, Xabier P. Igrexas, que a Xunta exerza as súas competencias para garantir o futuro do estaleiro e deixe de ser “un convidado de pedra”.