O BNG demanda ao Concello de Vigo que dispoñibilice espazos públicos abertos para a campaña do 25S

O BNG demanda ao Concello de Vigo que dispoñibilice espazos públicos abertos para a campaña do 25S

_A fronte nacionalista demanda poder realizar actos de campaña en prazas e rúas.

VIGO, 9 de agosto de 2016.- Esta mañá o responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, presentou no rexistro municipal un escrito dirixido ao alcalde no que lle demanda que o Concello poña a disposición da Xunta Electoral espazos públicos abertos, como rúas e prazas.

Diante de cada campaña electoral todos os concellos comunican á Xunta Electoral unha relación de espazos de titularidade municipal, que se porán a disposición dos partidos e coligazóns que concorren.“Pola experiencia doutras convocatorias electorais o Concello de Vigo nunca inclúen espazos abertos, tais como prazas e rúas”denuncia Otero, aludindo a que únicamente se dispoñibilizan espazos fechados como colexios. Esta circunstancia provoca que durante o período de campaña, ao solicitar facer uso dalgún espazo aberto a Xunta Electoral non pode autorizar a súa realización por mor de non ficar incluídos na relación que se lle traslada desde o Concello.

“Esta situación supón un serio atranco á hora de realizar as labores propias dunha campaña electoral, dificultando o contacto directo cos e coas electoras e, asemade, a visibilización das diferentes candidaturas e das súas propostas e alternativas” explican. Desde a fronte nacionalista defenden que “a vía pública non ficase excluída das accións de campaña para a realización de actos como mitins ou palestras”.

O BNG demanda ao Concello de Vigo que dispoñibilice espazos públicos abertos para a campaña do 25S