O Bloque esixirá no pleno que o goberno local cumpra a sentenza e derrube a cruz do Castro

O Bloque esixirá no pleno que o goberno local cumpra a sentenza e derrube a cruz do Castro

Iolanda Veloso subliña que a orixe falanxista da cruz dos caidos “está moi clara” e non se fixo nada para modificala

 

rolda Iolanda moción septVigo, 22 de setembro de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, presentou a moción que o Bloque defenderá no vindeiro pleno da corporación, que insta ao goberno local a cumprir a sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 e proceda a derrubar a cruz do Castro. Destacou ademais a contradición de que o propio alcalde da cidade se negue a cumprir a Lei da Memoria Histórica aprobada polo seu propio partido.

“Non entendemos que o goberno vigués recorra a sentenza e reclamamos que cumpra a sentenza”, salientou Iolanda Veloso, quen fixo fincapé na contundencia da sentenza do xuíz Antonio Martínez Quintanar, ao recoller todos os argumentos nos que se basea o fallo de forma moi detallada.

A portavoz municipal nacionalista salientou asemade que a orixe falanxista da cruz dos caidos “está moi clara”, ao ser o tipo de cruz elixido pola Falanxe para conmemorar a vitoria dos golpistas e inaugurada polo propio ditador Francisco Franco en 1961. “Ten unha carga simbólica moi determinada que non foi modificada en absoluto nin sequera logo do acordo plenario de 1981, pois non se adoptou ningunha medida para facelo”, sinalou.

Manifestou que é un caso totalmente diferente ao do museo Marco, cunha carga simbólica tamén moi forte, ou á illa de San Simón. Ao respecto indicou que nestes dous casos si se fixeron actuacións que propiciaron a transformación do simbolismo que os relacionaba directamente coa ditadura.

“A sentenza é moi clara e nós seguiremos defendendo que se elimine esta cruz do monte do Castro”, concluíu.

 

O Bloque esixirá no pleno que o goberno local cumpra a sentenza e derrube a cruz do Castro