O BNG demanda ao goberno que siga atendendo as demandas veciñais de Teis para mellorar os servizos
A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, valorou positivamente que a humanización da rúa Enrique Lorenzo, inaugurada hoxe, fose realizada atendendo as demandas da veciñanza de Teis barrio, aínda que finalizada con retraso. Veloso asegurou que grazas ás achegas dos representantes veciñais o resultado mellorou notablemente, polo que instou ao goberno local a seguir atendendo as demandas veciñais e estender este modelo ao resto das parroquias da cidade.
É imprescindible escoitar á cidadanía antes de acometer ningún proxecto de humanización e escoitar as demandas reais, defendeu a portavoz municipal nacionalista, quen afirmou que na humanización de Enrique Lorenzo se solventaron moitos problemas grazas á intervención veciñal.
Solucionar problemas reais
Nesta liña, Iolanda Veloso salientou que as humanizacións non son unha mera cuestión estética, co único fin de lavar a cara, senón que deben ser o instrumento para solucionar problemas reais, como roturas, afundimento de rúas ou mellora do saneamento.
O BNG agarda que co arreglo de Enrique Lorenzo no remate a solución aos problemas de Teis que aínda siguen existindo, senón o inicio das actuacións urxentes que precisa o barrio, manifestou a nacionalista, para quen é imprescindible que o goberno local teña un contacto fluído cos representantes veciñais dos diversos barrios e parroquias vigueses.