Iolanda Veloso: “Os orzamentos xerais do Estado non aportan solucións para que Vigo saia da crise”

Iolanda Veloso: “Os orzamentos xerais do Estado non aportan solucións para que Vigo saia da crise”

A portavoz municipal do BNG criticou a falta de propostas do goberno central e a baixa execución das partidas consignadas nos últimos anos

 

rolda Iolanda Vigo, 1 de outubro de 2014.- A voceira municipal nacionalista, Iolanda Veloso, realizou esta mañá unha primeira valoración do grupo do BNG dos orzamentos xerais do Estado, presentados onte. Considerou “moi preocupante” a escaseza de propostas e o mantemento na tendencia a diminuír investimentos e a segurou que “lamentablemente” estas decisións do goberno central tamén terán como “dramática consecuencia” a “perda de dereitos sociais e o empobrecemento continuado” dos vigueses e as viguesas.

“Estes orzamentos empobrecen a todo o mundo e non hai partidas que permitan saír da crise na nosa cidade”, denunciou Iolanda Veloso, quen ademais salientou como outro dos problemas que constata o Bloque é a “falta de execución orzamentaria dos últimos anos”. Neste sentido fixo referencia á A-57 e á A-59, que contan partidas en 2013 e en 2014, “pero aínda estamos agardando a que se execute un só euro”

Segundo criticou a portavoz municipal do BNG, as partidas consignadas nos orzamentos xerais do Estado non incidirán na diminución do desemprego nin polo tanto na creación de postos de traballo, “medidas tan necesarios na nosa cidade pero que ao PP semella non importarlle o máis mínimo”.

Emenda á totalidade

Iolanda Veloso salientou que o Bloque baralla a posibilidade de presentar unha emenda á totalidade, en tanto que o problema dos orzamentos xerais “é estrutural”. “O recortes das axudas sociais e o recorte das pensións traerán consecuencias terribles, cun forte aumento do empobrecemento”, advertiu.

 

Iolanda Veloso: “Os orzamentos xerais do Estado non aportan solucións para que Vigo saia da crise”