Milleiros de persoas enchen Vigo contra as políticas de recortes
Máis de 150.000 persoas encheron hoxe Vigo para protestar contra as políticas de recortes na xornada de folga xeral convocada polas centrais sindicais. Deste xeito a cidadanía amosou a súa enérxica repulsa contra as medidas antisociais impulsadas polos gobernos galego e estatal, así como polas políticas que fomentan o desemprego e a pobreza da Troika.
Vigo acolleu o acto central, polo que na manifestación participaron os secretarios xerais da da CIG, Suso Seixo, UGT-Galicia, José Antonio Gómez e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez. Tamén se deron cita líderes do Bloque Nacionalista Galego, como seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez; a deputada Carme Adán; o portavoz municipal, Santi Domínguez; o concelleiro Xabier Alonso; a responsable comarcal, Manuela Rodríguez; ou o exconcelleiro Xesus López.