O pleno aproba por unanimidade a proposta do BNG que reclama a Xunta crear os consellos de saúde
A portavoz municipal Iolanda Veloso critica que o Partido Popular pida colaboración co goberno aos afectados por hepatite C
Vigo, 23 de febreiro de 2015.- O BNG acadou o respaldo do pleno para aprobar a moción que demanda á Xunta de Galiza que cree os consellos de saúde como ferramenta para mellorar a calidade sanitaria. Facemos esta demanda porque o tema sanitario é recorrente no pleno de Vigo, destacou a voceira municipal do BNG, Iolanda Veloso, en referencia aos recortes sanitarios que padece a cidade, o problema das listas de agarda, a construción dun hospital privatizado que non contará con laboratorio central ou a intervención na sesión de hoxe de dúas representantes dos afectados pola hepatite C.
Iolanda Veloso lembrou que a creación dos consellos de saúde está recollida na Lei de de 2008 e son unha ferramenta de participación para buscar solucións aos diversos problemas sanitarios. Nós damos voz á cidadanía nos plenos, pero queremos que a administración asuma as súas competencias, destacou.
Secuencia de Matrix
A respecto da intervención das representantes dos afectados pola hepatite C, Xulia Alonso e Julia Llopis, a portavoz nacionalista solicitou o apoio de todos os grupos políticos para que as persoas enfermas reciban a medicación correspondente, unha vez que esta xa está pautada polos seus respectivos especialistas desde hai meses, mentres ven que se lles nega o seu dereito á vida.
Ademais, Iolanda Veloso aproveitou a súa quenda de intervención para criticar as palabras da concelleira do Partido Popular cando pediu colaboración aos enfermos co goberno para abaratar os tratamentos e loitar contra as farmacéuticas. É surrealista que o PP pida a colaboración dos enfermos de hepatite C. Isto parece Matrix en lugar do pleno dun concello, manifestou.