Vigo conta cuns orzamentos que apostan pola creación de emprego e os servios sociais grazas ao BNG

Vigo conta cuns orzamentos que apostan pola creación de emprego e os servios sociais grazas ao BNG

O grupo municipal do BNG respaldou hoxe a aprobación definitiva dos orzamentos municipais para 2013, despois de dúas suspensións da sesión plenaria correspondente, e de que fosen aceptadas unha serie de achegas que supoñen un “cambio de orientación no documento presentado polo goberno local”, segundo salientou a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso. Precisamente o Bloque presentou emendas que ascenden a case 6 millóns para fomentar a creación de emprego e un novo Plan de Compensación contra a crise.

“As nosas emendas son innegociables, ao igual que a súa execución”, subliñou Iolanda Veloso, para quen grazas as achegas feitas polo BNG os orzamentos municipais “compensan as políticas crueis de outras administracións” e atenden ás necesidades da cidadanía.

Criterios de acceso

Antes de iniciar a súa intervención, a portavoz municipal nacionalista demandou información ao alcalde sobre as medidas tomadas no control de acceso por parte do público, despois de coñecer que persoas que non foron identificadas nnon puideron acceder ao salón de plenos.

“A súa resposta non é suficientemente clara”, manifestou en relación á contestación do alcalde, quen sinalou que se tomaron as medidas “habituais para garantir o desenvolvemento do pleno”. Precisamente o grupo nacionalista lembrou que non permitiría a celebración dunha sesión a porta pechada.

Becas de inglés

Iolanda Veloso asegurou que o documento que se presentaba para a súa votación era o mesmo que foi aprobado inicialmente o pasado 27 de decembro. “Esta vez válenos, pero si presenta algunha modificación orzamentaria para sacar adiante as Aulas Internacionais, por exemplo, non vai contar con BNG”, advertiu.

A nacionalista salientou que para o BNG non é prioritario este programa, tendo en conta, sobre todo, que nas súas bases non recolle os criterios de renda para conceder as becas. “Por máis voltas que lle dou, non atopo que diga que estas bolsas son para os fillos dos traballadores”, comentou.

Iolanda Veloso sinalou asemade que no contexto actual non procede dedicar máis de 1,2 millóns de euros nun programa que os propios informes municipais consideran que non forma parte das competencias do Concello de Vigo.

Vigo conta cuns orzamentos que apostan pola creación de emprego e os servios sociais grazas ao BNG