O BNG tacha de provocación a consulta anunciada por Caballero: “É o alcalde que máis limitou a participación cidadá en Vigo”

Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

A fronte nacionalista considera unha “frivolidade” que o Goberno municipal abra unha enquisa para novos parques caninos cando rexeitou as propostas do Bloque para un novo Regulamento de Participación Cidadá e poñer en marcha orzamentos participativos

Xabier P. Igrexas: “Democracia é moito máis que votar cada catro anos e a veciñanza de Vigo merece ser consultada pero sobre asuntos moito máis importantes”

O BNG tacha de provocación a consulta anunciada por Caballero: “É o alcalde que máis limitou a participación cidadá en Vigo”

O Bloque Nacionalista Galego tacha de “provocación” a consulta anunciada este martes por Abel Caballero. “Resulta unha tomadura de pelo por parte dun alcalde que se ten caracterizado por un desempeño autoritario e xordo diante da veciñanza, que ten limitado como nunca antes na historia de Vigo a participación cidadá”, valora o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

A fronte nacionalista considera unha “frivolidade” que o Goberno municipal abra unha enquisa fake para novos parques caninos cando rexeitou numerosas propostas do Bloque, entre elas a moción para un novo Regulamento de Participación Cidadá e poñer en marcha orzamentos participativos na cidade, para que a veciñanza poida ser parte na toma de decisións sobre os recursos municipais.

“É o mesmo alcalde que non consulta á veciñanza a respecto dos problemas e necesidades reais da nosa cidade, como sobre o moi deficiente servizo de transporte urbano ou da precarización dos servizos públicos do Concello”, afeou Igrexas. Insistiu nese sentido en que “democracia é moito máis que votar cada 4 anos”, defendendo que as viguesas e vigueses merecen ser consultadas pero sobre asuntos de moita maior importancia.

O portavoz municipal do Bloque lembrou outras das propostas formuladas polo BNG a través dunha moción ao Pleno municipal o pasado setembro como revitalizar os consellos sectoriais municipais, estabelecer medidas de control popular da acción do Goberno e de dación de contas, mellorar os medios de acceso público á información, crear Consellos Veciñais, regular a concesión de subvencións municipais ao tecido asociativo e avanzar nunha maior descentralización administrativa do Concello alargando os servizos municipais aos barrios e parroquias.

O BNG tacha de provocación a consulta anunciada por Caballero: “É o alcalde que máis limitou a participación cidadá en Vigo”