O BNG de Vigo denuncia o cinismo de Caballero por aplicar nos orzamentos municipais o mesmo “rodete absolutista” que o PP na Xunta
O PSOE aprobou en solitario as contas de 2026 despois de rexeitar as 198 emendas do BNG e as alegacións formuladas pola AV de Teis
A fronte nacionalista lamenta que o Goberno municipal se negase a mellorar o proxecto orzamentario para atender as necesidades reais da cidade en materias como política social, emprego, vivenda, medio ambiente, investimento nos barrios e parroquias, cultura, deporte ou políticas para a mocidade
Xabier P. Igrexas a Abel Caballero: “Poderá gañar esta votación coa súa maioría absolutisima, pero neste debate o BNG logramos algo importante: demostrar que si hai alternativa ao seu desgoberno. Vencer non é convencer”