Novas
VULCANO

O BNG insiste en demandar o compromiso da Xunta para reactivar Vulcano

O deputado e portavoz de Industria no Parlamento de Galiza, Mon Fernández, anunciou que o Bloque volverá levar esta cuestión a debate a través dunha batería de iniciativas urxindo a intervención pública.

Xabier P. Igrexas: “Vemos como o tempo pasa e o Goberno galego segue de brazos cruzados mentres a Autoridade Portuaria dinamita calquera proxecto de futuro. Vigo non podemos permitirnos perder un estaleiro centenario”

Ler novas
SAVE_20191120_181712

O BNG de Vigo reclama un programa de apoio municipal ao tecido asociativo para reiniciar as actividades culturais, formativas e deportivas nos barrios

As entidades en moitos casos non dispoñen dos medios económicos, materiais e humanos necesarios para poder volver ofrecer actividades cumprindo os protocolos sanitarios e as reducións de aforo.

Xabier P. Igrexas: “Falamos de cursos, obradoiros e outras actividades que permiten o acceso, por exemplo á formación musical ou a ensinanzas artísticas, ás clases populares e traballadoras”

Ler novas
elnicopato

O BNG de Vigo demanda que o Goberno local aclare os límites de aforo e reforce os buses urbanos

Lembran que levan semanas pedindo que se actúe para aumentar as garantías hixiénico-sanitarias nos buses e reducir o risco de contaxios.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que os buses circulen cun número de pasaxeiros e pasaxeiras que impide gardar a máis mínima distancia interpersoal, e que fai practicamente imposíbel evitar o contacto físico entre persoas”

Ler novas
bng 02

O BNG de Vigo propón un programa piloto de orzamentos participativos para 2021

Propoñen reservar unha partida de como mínimo 1 millón de euros para que a través de mecanismos de participación directa, de colectivos e veciñanza, se decida o seu uso.

Xabier P. Igrexas: “A mellor maneira para garantir que os orzamentos atenden as necesidades reais da veciñanza e dos nosos barrios e parroquias, é contar coa súa opinión”

Ler novas
imaxe 2

O BNG levará ao Congreso a demanda veciñal de Teis para a mellora dos pasos da Xorxa e da Trapa

Reclaman que o ministerio de Transportes e Audasa acometan as melloras necesarias para permitir o tránsito de peóns e vehículos .

Xabier P. Igrexas: “Estes pasos elevados sobre a AP9 son imprescindíbeis para evitar a incomunicación desas zonas do barrio de Teis”.

Ler novas
maleza

O BNG de Vigo propón a creación dunha oficina municipal para axudar e asesorar a veciñanza na xestión da biomasa das súas parcelas

Advirten das dificultades que se están a rexistrar para cumprir o requirimento municipal de limpeza de maleza en só quince días, e das dúbidas que está a xerar en relación ao mantemento do arborado.  

Xabier P. Igrexas: “O Concello non pode limitarse a trasladar unha comunicación de tipo burocrático, redactada en linguaxe xurídica, cun prazo tan estreito, senón que debera brindarlles apoio e asistencia”.

Ler novas