Novas
xpi01

O BNG levará ao Pleno de Vigo o rexeitamento ás comisións bancarias abusivas

Instan a que o Concello de Vigo esixa de Abanca a devolución das comisións de 100 euros anuais por mantemento das contas e a que no caso de non o facer se revisen todos os contratos municipais con esa entidade.

Demandan do Goberno español a supresión de todas as comisións bancarias e que a Xunta de Galiza impulse a creación dunha Banca Pública Galega.

Ler novas
ROLDA BNG

O BNG comprométese a facer valer os intereses de Vigo no Parlamento galego para poñer fin ao abandono da Xunta

A fronte nacionalista presentou as liñas de traballo coas que iniciarán o curso político as dúas deputadas viguesas, Carmela González e Alexandra Fernández.

O reclamo dunha mudanza radical nas políticas industriais e laborais e a blindaxe e alargamento dos servizos públicos, serán dous eixos prioritarios.

Xabier P. Igrexas: “O BNG defenderá o papel que ten que xogar Vigo como motor de todo un País”.

Ler novas
paseobouzascerrado

O BNG de Vigo advirte que o paseo de Bouzas podería continuar fechado até 2022

O Goberno español confirmou, en resposta por escrito a unha pregunta do deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, que o expediente de concesión inda continúa en tramitación e non sinala ningún prazo nin data concreta.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, alerta de que “mesmo no caso de que a concesión se formalizase a finais deste ano como dixo o alcalde, e tendo en conta os prazos de licitación e de execución da obra, o novo Paseo de Bouzas non estaría rematado antes de 2022, case 4 anos despois do seu peche”.

A fronte nacionalista critica ademais que a actuación se vaia limitar a 528 metros, deixando en “propaganda e papel mollado” o anuncio de Abel Caballero de que ía atinxir desde Bouzas até Samil.

Ler novas
Xabier P. Igrexas no Pleno de Vigo

Xabier P. Igrexas: “A verdadeira desconexión é a do Goberno municipal da situación de emerxencia laboral que se vive na cidade”

O BNG reacciona ás descualificacións do concelleiro de Emprego, Abel Losada, após a fronte nacionalista demandar un maior esforzo en políticas de emprego a nivel municipal. 

O Bloque lembra que na tramitación dos actuais orzamentos demandou incrementar as partidas de Emprego en 1.510.000 euros adicionais, proposta que contou co rexeitamento da maioría absoluta do PSOE. 

Ler novas