O BNG de Vigo demanda transparencia e expresa “importantes dúbidas” no proceso de adxudicación do SAF a unha empresa do grupo DomusVi
A fronte nacionalista solicita ter acceso ao expediente íntegro para “poñer luz nun proceso que presenta demasiadas sombras” na baremación das ofertas.
Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos que o SAF sexa un servizo público e non unha fonte de negocio privado para grandes empresas”.