Novas
porta do sol

Xabier P. Igrexas: "O túnel da Porta do Sol é unha navallada ao corazón da cidade e alargalo até o Paseo do Afonso só a fará máis profunda"

O BNG aposta pola peonalización da Porta do Sol e do paseo pero prescindindo dunha intervención agresiva e inxustificada como é a tunelación.

Demandan a paralización das obras e anuncian que se dirixirán á Dirección Xeral de Patrimonio para garantir a protección efectiva dos restos arqueolóxicos e dos edificios BIC afectados.

Ler novas
IMG_20190621_101026

O BNG de Vigo denuncia a perforación de fachadas catalogadas en Elduayen

As perforacións, dentro dos traballos para o túnel, realizáronse sen coñecemento da veciñanza e non contaban coa autorización necesaria.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, demandou que o alcalde dea instrución para paralizar eses traballos.

Cando menos catro das fachadas afectadas correspóndense con edificios catalogados como BIC e que gozan de especial protección patriominial.
Ler novas
1576091147_855782_1576092191

Néstor Rego insta ao goberno central e á Xunta a buscar mecanismos para abordar a crise do naval vigués

Néstor Rego pregunta ao goberno do Estado se ten previsto repoñer aos traballadores e traballadoras afectadas as prestacións por desemprego consumidas durante os periodos de inactividade de Vulcano e Barreras

O BNG mostra a súa preocupación ante a situación que está vivindo o sector naval galego e a incapacidade da Xunta para desbloquear unha solución

Ler novas
Xabier P Igrexas en rolda de prensa

O BNG de Vigo levará ao pleno municipal a demanda de que Xunta e Goberno do Estado actúen para garantir a continuidade de Barreras e Vulcano

Xabier P. Igrexas reclama da Xunta “unha intervención pública decidida” en Barreras para asegurar o futuro dun “sector estratéxico”.

A fronte nacionalista esixe a saída de López Veiga da Autoridade Portuaria após se coñecer que mentiu sobre un presunto ditame do Consello de Estado e polo seu “permanente boicot” a Vulcano.

Ler novas