afonso x
Novas
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, e a deputada, Alexandra Fernández, na concentración convocada polo colectivo "Os Ninguéns"

O BNG de Vigo esixe a Caballero que non “bote á rúa sen alternativa” a dez sobreviventes do tráxico incendio de Afonso X

A fronte nacionalista demanda que se prorrogue o dispositivo social do Concello até poder ofrecer alternativas habitacionais dignas e estábeis ás persoas afectadas, en risco de exclusión social, evitando que a partir do vindeiro 2 de maio sexan desaloxadas dos hostais nos que se acollen desde outubro

Xabier P. Igrexas: “Falamos de persoas, de persoas de carne e oso, de veciños e veciñas de Vigo en situación de grave vulnerabilidade social, ás que o Goberno municipal pretende deixar na rúa a partir deste xoves, sen teito”,

A deputada, Alexandra Fernández, reclamará no Parlamento galego que a Xunta de Galiza actúe e denuncia a nefasta política de vivenda do goberno do Partido Popular

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide a Xunta e Concello que non utilicen situacións de vulnerabilidade social na súa “permanente lea partidista”

Demandan que se atendan coa máxima axilidade as demandas das familias afectadas polo tráxico incendio de Afonso X

A fronte nacionalista reclama que todas as administracións cooperen para despregar políticas efectivas que ofrezan alternativas habitacionais dignas na cidade ás persoas en situación de vulnerabilidade social

Xabier P. Igrexas: . “As viguesas e vigueses non se merecen o espectáculo que nas últimas horas se está a dar entre o Goberno municipal e a Xunta.  O que precisa e merece a cidade é que ambas as dúas administracións deixen de confrontar, comecen a traballar e resolvan o problema”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo, e Alexandra Fernández, deputada no Parlamento galego

O BNG de Vigo esixe o cese inmediato da concelleira de Seguridade por “mentir descaradamente” sobre o tráxico incendio de Afonso X

Defenden que Patricia Rodríguez Calviño non “pode continuar un minuto máis” á fronte da área de Seguridade do Concello despois de que os propios bombeiros e os sindicatos deixasen en evidencia as súas falsidades

Xabier P. Igrexas: “Vigo sen bombeiros non é segura e as viguesas e os vigueses non merecen un Goberno municipal que diante dunha traxedia sen precedentes lles minta con todo descaro”

¬INACCIÓN DA XUNTA: A deputada do BNG no Parlamento galego, Alexandra Fernández, responsabiliza o Goberno galego do Partido Popular por non ter ofrecido alternativa habitacional as familias residentes no inmóbel incendiado. “O que máis doe é que algo así non debeu ter sucedido”, afirma.

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas (dta), acompañado polo concelleiro Filipe Abalde (esq)

O BNG de Vigo pide que se priorice a atención das vítimas do incendio sobre “especulacións morbosas ou culpabilizacións apresuradas”

A fronte nacionalista reitera a súa disposición a colaborar co Goberno municipal e está facendo un “seguimento puntual” da evolución do sucedido desde primeirísima hora da mañá

Xabier P. Igrexas: “A de hoxe é claramente unha das mañás máis tristes e duras da historia recente da nosa cidade”

Ler novas