alegacións
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo denuncia graves irregularidades na resposta do Goberno municipal ás alegacións ao PXOM

Advirte de que estes incumprimentos legais poden dan lugar á anulación do Plan e critica a indefensión para a veciñanza, que recibiu a comunicación superado o prazo para reclamación xudicial

Esixe o alcalde que se notifiquen de acordo á lei, reclama a comparecencia da concelleira de Urbanismo e vai trasladar denuncia na Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística

Xabier P. Igrexas: “Caballero acabou de cruzar todas as liñas vermellas tratando as alegacións como papel hixiénico para impoñer o seu PXOM ao ditado dos poderosos intereses de sempre”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo denuncia que o Goberno local segue sen responder as máis de 4.500 alegacións ao PXOM

A fronte nacionalista denuncia “ilegalidade e vulneración de dereitos” e advirte que, de non responder, se somete o Plan Xeral en vigor a unha “evidente inseguridade xurídica”

Lembra que a concelleira de Urbanismo se comprometeu a remitilas de forma individual tras as reiteradas interpelacións do Bloque

Xabier P. Igrexas: “Pasaron 122 días desde que o Pleno aprobou definitivamente o novo PXOM e aínda non se notificou nin unha soa resposta ás persoas e entidades afectadas”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo critica que o Goberno local siga sen responder as máis de 4.500 alegacións ao novo PXOM

Denuncia “violencia institucional” contra a veciñanza e colectivos por dilatar a resposta, transcorridos 1.282 días de que finalizase o período de exposición pública

A concelleira de Urbanismo afirma que serán contestadas cando entre en vigor o Plan

Xabier P. Igrexas: “É a demostración de como este Plan Xeral se impuxo ao servizo dos poderosos intereses dos de sempre polo rodete absolutista de Abel Caballero”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo defenderá no Pleno as alegacións veciñais aos orzamentos do Concello rexeitadas por Caballero

A fronte nacionalista inclúe nun voto particular, que se debaterá e votará o luns no Pleno de aprobación definitiva, as alegacións da FAVEC, Aspace, Sárdoma FC e mais a AV de Teis

Xabier P. Igrexas: “Caballero négase de novo a escoitar o tecido asociativo da cidade e pretende impoñer a aprobación definitiva duns orzamentos elaborados en réxime de monólogo”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda transparencia sobre a avaliación ambiental e as miles de alegacións veciñais do novo PXOM

A fronte nacionalista solicita a comparecencia da equipa redactora do Plan Xeral para dar conta da tramitación, diante da “opacidade” coa que está a xestionalo o Goberno local

Alerta da pretensión do Goberno de Caballero de manter o proxecto de vial PO-010 que tronzaría as parroquias de Vigo, malia os “graves” impactos e non estar xustificado

Xabier P. Igrexas: “Non se pode ir agora a unha tramitación exprés sen antes transparentar e explicar á veciñanza que se vai facer coas súas alegacións”

Ler novas
Novas
Encontro do BNG con colectivos de Vigo en 2022 
para explicar o proxecto de orzamentos

O BNG de Vigo chama a formular alegacións veciñais para mellorar uns orzamentos municipais de 2023 elaborados sen diálogo

A fronte nacionalista vén de dirixirse a asociacións e entidades da cidade para animalas a presentar as súas demandas fronte á “xordeira autoritaria” do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “Só responden á visión caprichosa do PSOE e do alcalde, como deixou patente o rexeitamento das 83 emendas parciais do BNG para mellorar as contas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo

O BNG acusa a Caballero de ocultar o novo PXOM de Vigo para impoñelo sen apoio veciñal

A fronte nacionalista denuncia opacidade do Goberno municipal co calendario de tramitación do plan urbanístico e afea que non se teña reunido con ningún dos colectivos que formulou alegacións en contra do proxecto

Xabier P. Igrexas: “Caballero coloca o PXOM na mesma escuridade dos despachos na que decidiu elaboralo sen participación e negándose a escoitar á veciñanza de Vigo”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reclama coñecer o estado da tramitación das alegacións veciñais ao novo PXOM

A fronte nacionalista solicita garantías de que se van atender e responder todas as propostas de modificación ao instrumento urbanístico e esixe ao goberno de Abel Caballero un calendario sobre os próximos pasos.

Xabier P. Igrexas: «Non imos tolerar que a unha xestión pouco transparente e participativa na elaboración se engada agora opacidade coas alegacións»

Ler novas