balanzo
Novas
Ana Pontón e Xabier P. Igrexas na presentación do lema da candidatura do BNG en Vigo

O BNG chama ás viguesas e vigueses a definir un novo horizonte para a cidade en 2023

A fronte nacionalista fai balanzo do ano 2022 denunciando a “inercia paralizante” do goberno de Abel Caballero e o “total abandono” que padece Vigo por parte da Xunta do PP e mais do Goberno español de PSOE e Unidas Podemos

Advirten que a incompetencia do actual Goberno local vai deixar sen gastar, como mínimo, 150 millóns de euros do orzamento municipal deste 2022

Xabier P. Igrexas: “Hai moitas viguesas e vigueses que saben e senten que Vigo merece máis e no BNG estamos convencidas de que xuntas, entre todas e todos, sumando en positivo imos facelo posíbel”

Ler novas
Novas
IMG_20210615_161321

O BNG de Vigo presenta a súa folla de ruta para os vindeiros dous anos co obxectivo de converterse en forza determinante en 2023

A fronte nacionalista pon en valor que son “a forza en ascenso” e traza as liñas de traballo “a pé de rúa” para “multiplicarse” en 2023 e empurrar unha alternativa en positivo fronte a “inercia anémica” da actual equipa de Goberno.

A Asemblea Local aberta do BNG vigués valorou “moi positivamente” o traballo realizado na primeira metade do mandato e que cristalizou en máis de 435 propostas e iniciativas.

Xabier P. Igrexas: “Un Goberno que coa maior maioría e co maior orzamento da historia da cidade, deixa sen gastar 6 de cada 10 euros dos investimentos presupostados, é a definición dun goberno aparencial e impotente”

Ler novas
Goberno local
xpi02

Xabier P. Igrexas: “En Vigo máis que os 100 días dun novo mandato vivimos nun permanente día da marmota”

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, criticou a falla de proxecto de cidade e de xestión do Goberno municipal denunciando que “a única forza que move a cidade é a inercia”.

 

  • O BNG acusa a PSOE e PP de quereren converter a política municipal nun “lamazal” e contrapón a súa actuación “en positivo e poñendo o foco nas necesidades reais das viguesas e vigueses”.
Ler novas
Actualidade
sera02

O BNG lamenta que 2016 conclúa como un “ano perdido” para Vigo pola falla de xestión e de proxecto do Goberno municipal

_Serafín Otero: “Se houber que poñerlle nota ao goberno local por este ano, só podería ser un triplo cero. Cero proxecto, cero diálogo e cero xestión”

_O BNG continuará a defender a súa “alternativa en positivo”, fuxindo da lea partidista e defendendo propostas concretas para atender as necesidades reais da veciñanza e a cidade.

Ler novas