bolsas
Novas

O BNG de Vigo afea a axilidade de Caballero para subvencionar a Igrexa Católica mentres ten sen convocar as bolsas dos comedores escolares

A fronte nacionalista critica que no que vai de ano o Goberno municipal xa teña destinado máis de un cuarto de millón de euros a unha confesión relixiosa, mentres millares de familias fican na incerteza de saber se poderán levar ou non as súas crianzas ao comedor escolar

Xabier P. Igrexas: “Que pensa facer o Goberno municipal para evitar que crianzas que precisan do servizo de comedor queden sen el por non saber se van recibir a beca deste curso? Esperemos que sexa algo máis que enviarlles unha estampa do Cristo da Vitoria, porque de procesións non se come”

Ler novas