O BNG de Vigo esixe a fin do abandono de Coia e propón un “Plan Cidade” con 50 millóns para atender todos os barrios e parroquias
A fronte nacionalista mantivo unha xuntanza con representantes da AV Camiño Vello de Coia, da FAVEC e con veciñanza das rúas Caldas, Bueu e Moaña, recollendo as súas queixas polo continuado “maltrato e abandono” que padecen do Goberno municipal
Demanda accións urxentes para actuar no estado ruinoso de beirarrúas e escaleiras públicas, mellorar o mantemento e limpeza das zonas axardinadas e resolver a existencia de fugas de augas fecais
Xabier P. Igrexas: “A cidade non se reduce a uns poucos ‘proxectos monumentais’ de Caballero; as 300 mil viguesas e vigueses merecen atención en todos os barrios”