Novas
O BNG de Vigo esixe a Caballero que dea a cara tras a nova condena por corrupción dun alcalde pedáneo do PSOE en Bembrive
01/dec./2022
A fronte nacionalista cualifica de “escándalo sen precedentes na cidade” a sentenza por prevaricación contra Marcos Castro, que xunto a do anterior pedáneo Roberto Ballesteros suman 35 anos de inhabilitación e varios de prisión
Xabier P. Igrexas: “O presidente do PSOE de Vigo ten que dar explicacións pola corrupción de dous alcaldes designados por el e que contaron co seu patrocinio persoal”