contratación
Novas
Carmela González, Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde na Cidade da Xustiza de Vigo

O BNG de Vigo denuncia na Fiscalía e no Consello de Contas catro presuntos delitos no caso Guns N’ Roses

A fronte nacionalista traslada escritos para depurar responsabilidades ante as graves irregularidades, constatadas na sentenza do Contencioso-Administrativo, para o uso ilegal de 2 millóns de euros públicos

Ve indicios fundados de prevaricación administrativa, malversación, fraude nos procedementos contratuais e falsidade documental, que poderían sumar penas máximas de 50 anos de prisión e 18 de inhabilitación

Xabier P. Igrexas: “Un escándalo coma este non pode ficar impune e confiamos que estas actuacións permitan poñer luz onde Abel Caballero só puxo sombras até o momento”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe a Caballero constituír a Comisión de Vixilancia de Contratación do Concello

A fronte nacionalista insta o rexedor a deixar de incumprir o Regulamento Orgánico do Pleno que, no seu artigo 34.3, fixa como obrigatoria a creación dese órgano para a fiscalización da contratación municipal.

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal está pagando a empresas por facer menos traballo do contratado e sen respeitar nin as condicións fixadas nin os dereitos do seu persoal”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide fiscalizar as contratas municipais polos continuos incumprimentos dos pregos e dos dereitos laborais

A fronte nacionalista propón constituír un Observatorio da Contratación para “meter en cintura” estas empresas que xestionan unha parte moi importante do orzamento municipal

Denuncia o “ronsel infinito” nos últimos meses con conflitos no Servizo de Axuda no Fogar, na limpeza de dependencias municipais e dos colexios públicos, no mantemento de zonas verdes, no bus urbano e na recollida do lixo

Xabier P. Igrexas: “O goberno de Caballero ten que deixar de ser aliado e cómplice das grandes concesionarias e defender a calidade dos servizos públicos e o interese xeral da cidade”

Ler novas
Novas
parques e xardins 02

O BNG de Vigo esíxelle ao Goberno municipal que actúe fronte os graves incumprimentos da UTE de parques e xardíns

Xabier P. Igrexas: “Hai que acabar coa barra libre do Concello coas grandes empresas adxudicatarias. Non podemos permitir que en empresas que reciben millóns de euros de diñeiro público se vulneren dereitos laborais e se incumpra o prego de adxudicación”.

A fronte nacionalista trasladoulle o seu “total apoio” ao Comité de Empresa a poucos días do inicio dunha folga indefinida no servizo.

Ler novas