Coronavirus
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo esixe que a Xunta reforce con máis medios a sanidade pública diante da “evolución explosiva” da Covid19

A fronte nacionalista considera insuficientes as restricións aprobadas nas últimas horas e insta o Goberno galego de Feixóo a actuar en lugar de transferir a responsabilidade á cidadanía. 

Piden máis persoal e recursos para o conxunto da rede asistencial da sanidade pública na perspectiva de que 2022 poida comezar con máis de 10 mil casos activos na área sanitaria de  Vigo. 

Xabier P. Igrexas: “Diante da evolución pandémica a Xunta non pode ser na nosa cidade apenas un holograma lumínico, un logotipo proxectado na fachada da nova cidade da Xustiza”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG de Vigo solicita medidas adicionais da Xunta e do Concello diante da preocupante evolución da pandemia

A fronte nacionalista demanda reforzos sanitarios para enfrontar a crecente presión hospitalaria e adecuar a organización de grandes eventos para extremar as precacucións.

Xabier P. Igrexas: “Que non nos poida o afán de contabilizar millóns de visitas por enriba de asegurar millóns de vidas e o dereito á saúde, tanto das persoas que vivimos en Vigo como das que nos visitan”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

Xabier P. Igrexas: “Caballero prometeu un ‘Amazon vigués’ pero o que está traendo é unha versión 2.0 das obras do Escorial”

A fronte nacionalista critica que nada se sabe da plataforma de comercio en liña prometida polo rexedor en abril de 2020 para axudar o pequeno e mediano comercio de Vigo.

Lembran que os e as comerciantes de Vigo son as únicas das sete cidades galegas que non recibiron “nin un só euro” de axudas directas do seu concello.

Ler novas
Novas
rolda orzamentos

O BNG de Vigo lanza un SOS polo pequeno comercio da cidade

A fronte nacionalista denuncia a insuficiencia das políticas de apoio por parte da Xunta e a inacción do Concello.

A deputada, Carmela González, critica que as axudas habilitadas polo Goberno galego redúcense a “moita propaganda” ao seren inaccesíbeis para a meirande parte dos e das comerciantes.

Xabier P. Igrexas: “O comercio de proximidade, o que dinamiza a cidade, o que vertebra os nosos barrios e parroquias e crea emprego estábel está absolutamente orfo de apoio por parte das administracións”

Ler novas
Novas
061

O BNG de Vigo alerta da insuficiencia de ambulancias do 061 na cidade

A fronte nacionalista denuncia que se están producindo demoras na atención de emerxencias sanitarias por falla de medios e esixe un “reforzo permanente e dimensionado” para unha cidade de 300 mil habitantes.

A deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, interpelará o conselleiro sobre esta situación.

Xabier P. Igrexas: “Hai casos de xente agardando varias horas unha ambulancia do 061 con cadros de insuficiencia respiratoria, e iso é intolerábel”

Ler novas
Novas
xpi02

O BNG de Vigo demanda a Caballero que estude novas restricións ou adiamentos de eventos públicos na cidade

A fronte nacionalista cualifica de “moi preocupante” a evolución pandémica na área sanitaria de Vigo, na que se pasou en apenas un mes de 191 casos activos a 3165, tras se rexistrar o maior aumento de positivos en 24 horas desde o inicio da pandemia.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos ficar impasíbeis diante do agravamento da situación sanitaria na cidade e na área sanitaria. Hai que actuar con responsabilidade e con anticipación para evitar escenarios inda máis complexos e duros”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo pide que Xunta e Concello actúen diante da “moi preocupante” evolución da Covid19

A fronte nacionalista pide o reforzo de medidas preventivas nas actividades e espazos públicos na cidade, e esixe que a Xunta suspenda calquera recorte programado para o verán a nivel sanitario.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitirnos ningún recorte de persoal ou de servizo, nin nos centros de saúde nin nos hospitais da cidade. O que hai que facer é reforzalos para blindar a capacidade asistencial durante o verán”

Ler novas
Novas
rop02

O BNG de Vigo critica que o alcalde só lle ofreza ao comercio “banda sonora en modo orquestra do Titanic” en lugar de axudas directas

A fronte nacionalista insiste en demandar que se poña en marcha unha liña de axudas ao pequeno e mediano comercio e a hostalaría.

Xabier P. Igrexas: “ Está moi ben que haxa música na rúa e que se reactiven as actividades culturais nos barrios, pero o que precisa o pequeno e mediano comercio son axudas de verdade ”.

Ler novas