O BNG reclama 45 millóns de euros nos Orzamentos Xerais do Estado para a cidade de Vigo
Xabier P. Igrexas destacou que este proxecto de orzamentos en relación con Galiza e concretamente con Vigo, volve deixar os principais asuntos da cidade a un lado.
Néstor Rego salientou a necesidade da importancia dunha saída sur, así como a mellora da conexión ferroviaria entre o eixo Vigo-Tui contemplando o tren de proximidade e o transporte de mercadorías coa conexión ferroviaria co porto da cidade.