Xabier P. Igrexas retruca a Font sobre Guns N’ Roses: “A cidade merece menos mentiras e máis transparencia”
O portavoz municipal do BNG Vigo insiste en que arestora continúa sen ter acceso aos 41 documentos e expedientes relacionados co concerto
A fronte nacionalista considera “raro e sospeitoso” que a carta de interese remitida a Sweet Nocturna en outubro, e da que nunca falou o Goberno, se incorpore nun expediente en xuño
Xabier P. Igrexas: “Font dixo solemnemente que non houbo acordo previo coa promotora. Agardemos que nos vindeiros días ou semanas non acabe aparecendo algún outro documento, formal ou informal, ou outro tipo de proba que o refute. De suceder sería un punto de non retorno”