ifevi
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo pide á Xunta que non repita os mesmos erros no novo proceso de vacinación

A fronte nacionalista demanda ao Sergas que reconsidere a decisión de volver concentrar no IFEVI a vacinación de toda a área sanitaria.

Reclaman medidas para evitar novas retencións quilométricas de vehículos e longas esperas para acceder o recinto feiral e solicita reforzos no transporte urbano.

Xabier P. Igrexas: “Urxe que tanto o PSOE no Goberno municipal como o PP na Xunta deixen de xogar coas cousas importantes, que abandonen a lea permanente e senten a cooperar”.

Ler novas
Pleno
Xabier P. Igrexas durante o Pleno municipal

Xabier P. Igrexas: “A acción do Goberno municipal de Vigo raia na estafa política: promete, anuncia e publicita pero non fai”

O concelleiro do BNG de Vigo advirte no Pleno da “baixísima execución orzamentaria” do Concello, con seis de cada dez euros do presuposto municipal sen executar a falta dun trimestre para o remate do ano.

A moción presentada pola fronte nacionalista para estabelecer un Plan de Promoción da Lectura e unha rede municipal de bibliotecas foi rexeitada polos votos do grupo socialista.

Ler novas