O BNG de Vigo propón facer gratuíto o bus urbano para persoas desempregadas, perceptoras de axudas sociais e menores de 14 anos
A fronte nacionalista demanda facilitar o acceso a este servizo básico como medida de choque fronte á inflación, que disparou nun 20% os custos do transporte no último ano
Pide ampliar a cobertura do actual bono social diante da “insuficiente” bonificación anunciada polo alcalde a cargo dunha subvención estatal
Xabier P. Igrexas: “Temos que facer unha aposta estratéxica pola mobilidade colectiva, por ser a máis accesíbel en termos económicos e a máis sustentábel a nivel ambiental”