lagares
Novas
Obras Gasolineira Pontillón

O BNG de Vigo denuncia irregularidades nas obras da gasolineira no Pontillón

A fronte nacionalista reitera a solicitude de acceso á documentación municipal despois do cambio da empresa construtora e pola falla do informe preceptivo de Patrimonio

Xabier P. Igrexas: “Resulta evidente que non se ten valorado o impacto de chantar unha gasolineira a poucos metros de vivendas e a súa afectación tanto patrimonial, co parque de Castrelos, como ambiental, co río Lagares”

Ler novas
Novas
Obras no río Lagares (Foto_Adega)

O BNG de Vigo propón aumentar a protección do río Lagares como Espazo Natural de Interese Local

A fronte nacionalista urxe a paralización das obras do paseo á altura de Severino Covas por incumprir a parada biolóxica fixada polo Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza desde o mes de abril até xuño, por ser o período de reprodución e cría

Xabier P. Igrexas: “Dende o Bloque vemos con enorme preocupación que o Lagares sexa o río galego que máis plástico verte ao mar e os continuos vertidos de augas sen depurar”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG urxe unha Estratexia Local para avanzar cara a un Vigo moito máis verde e sustentábel

A fronte nacionalista chama a facer efectiva a declaración da situación de emerxencia climática na cidade, aprobada en setembro de 2019 por unanimidade do Pleno municipal

Aposta por impulsar un novo modelo de mobilidade, de xestión dos residuos e por medidas de protección dos montes locais, do litoral vigués e do río Lagares

Xabier P. Igrexas: “O compromiso firme do BNG é impulsar un Vigo con futuro que só pode ser verde”

Ler novas
Novas
lagares 02

O BNG de Vigo pide a paralización inmediata das obras denunciadas no nacemento do río Lagares

Interpelarán o Goberno municipal na Comisión Informativa de Medio Ambiente do Concello e rexistrarán iniciativas no Parlamento galego

Xabier P. Igrexas: “Non é a primeira vez que se producen este tipo de actuacións nas proximidades do río pola vía dos feitos consumados, polo que para o BNG é claro que o Concello non pode ficar de brazos caídos diante do que pode constituír unha irreversíbel agresión ambiental ao río Lagares”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo denuncia un novo vertido no río Lagares

O pasado martes rexistrouse a presenza de augas moi turbias, de orixe descoñecida, nas inmediacións de Severino Cobas en Lavadores

A fronte nacionalista demanda máis medios para a conservación do “pulmón azul e verde” da cidade e propoñen retomar o proxecto dun sistema de telecontrol e videovixilancia para monitorizar en tempo real o curso fluvial

Xabier P. Igrexas: “Cómpre que o Goberno municipal dedique máis medios para a protección e conservación do río e, sobre todo, para combater con contundencia os vertidos ilegais”

Ler novas
Novas
Obras ilegais do Concello no río Lagares (imaxes do 29 e 30 maio 2023 na rúa Gandarón)

O BNG de Vigo denuncia unha “agresión ambiental” do Concello con obras ilegais no río Lagares

A fronte nacionalista esixe explicacións do alcalde por incumprir a prohibición de realizar traballos na ribeira entre abril e xuño, por ser o período de reprodución e cría da fauna

Xabier P. Igrexas: “Non pode ser que facer avanzar obras inaugurábeis se poña por diante da protección dos valores ambientais dun ecosistema tan relevante para a cidade”

Ler novas