O BNG de Vigo urxe a inmediata intervención das residencias de maiores pola Xunta
A fronte nacionalista advirte de que é imprescindíbel actuar xa para evitar que as residencias se volvan converter na zona cero da pandemia.
Xabier P. Igrexas: "Onde está Marta Fernández Tapias? Que está a facer a Delegada da Xunta en Vigo fronte esta situación? Que medidas vai adoptar para blindar as residencias?”