mobilidade
Novas

O BNG de Vigo propón que se estude a instalación de canceladoras da tarxeta Pass na porta traseira dos buses

A fronte nacionalista demanda que o Goberno municipal atenda as peticións do Comité de Empresa de Vitrasa sobre medidas preventivas no transporte urbano.

Instan a supervisar a instalación de mamparas de protección para asegurar a súa homologación, o reforzo con máis frecuencias para reducir a afluencia de viaxeiros nos buses e que se manteñas os servizos hixiénicos instalados para o persoal condutor.

Ler novas
Novas
porta do sol

Xabier P. Igrexas: "O túnel da Porta do Sol é unha navallada ao corazón da cidade e alargalo até o Paseo do Afonso só a fará máis profunda"

O BNG aposta pola peonalización da Porta do Sol e do paseo pero prescindindo dunha intervención agresiva e inxustificada como é a tunelación.

Demandan a paralización das obras e anuncian que se dirixirán á Dirección Xeral de Patrimonio para garantir a protección efectiva dos restos arqueolóxicos e dos edificios BIC afectados.

Ler novas
Novas
DSC_0003

O BNG demanda melloras nos diferentes servizos de transporte para que Vigo dispoña dunha mobilidade "realmente intermodal"

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, reprocha a Xunta e Concello que se limiten a celebrar a nova terminal de buses para 2021 en lugar de apostar por unha rede integrada e conectada.

A fronte nacionalista demanda o tren de proximidade (cercanías), mellor servizo de autobuses interurbanos, a integración de Vigo no transporte metropolitano ou o reforzo do transporte marítimo de Ría.

Ler novas
Novas
zona verde madrid

O BNG volve demandar a implantación da zona verde no estacionamento regulado de Vigo

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, urxe aplicar esa medida que xa está prevista na actual ordenanza municipal para paliar o grave problema de aparcamento para residentes do Casco Vello e zona centro.
  • A fronte nacionalista expresa a súa oposición a que se alongue a 4 horas o tempo de permanencia na zona azul, como vén de anunciar o alcalde, xa que suporía “converter as rúas do centro nunha especie de parking privado de pago en superficie”
Ler novas
Goberno local
liña cero

O BNG propón unha “liña cero” de Navia a Teis para revolucionar a mobilidade en Vigo

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, propón dotar a cidade dunha liña central de transporte urbano con frecuencias de 15 minutos que conecte o casco urbano e funcione como intercambiador cos circulares. 
  • A liña funcionaría sobre carrís bus e un sistema de preferencia semafórica. As nacionalistas suxiren a posibilidade de utilizar vehículos articulados, como o trolebús. 

 

  • O BNG reclama do Goberno municipal “audacia e valentía” para apostar por unha mobilidade “moderna e ambientalmente sostíbel” que pivote sobre o transporte público.
Ler novas
Goberno local
20190131_FOTO_RoldaEPA+Vulcano

O BNG demanda participación e transparencia para potenciar o autobús en Vigo

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denuncia a opacidade coa que o Goberno municipal está a elaborar o novo prego de concesión.
  • A fronte nacionalista critica a “consulta farsa” aberta polo Concello en pleno mes de agosto para regular o servizo.

 

  • Igrexas iniciará unha rolda de contactos coas asociacións veciñais, o Comité de Empresa da actual concesionaria e o movemento ecoloxista para poñer en común a aposta do BNG por “revolucionar a mobilidade en Vigo”.
Ler novas
Goberno local

Participación cidadá, transporte e PXOM centrarán o traballo do BNG de Vigo nos vindeiros meses

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, presentou acompañado pola portavoz nacional, Ana Pontón, as liñas de traballo nun almorzo informativo co gallo do inicio de curso político.
  • Pontón salientou que o BNG abriu “unha nova etapa” no Concello após o seu retorno e destacou o traballo “serio e rigoroso” e a “capacidade e valentía” do seu portavoz municipal.

 

  • Igrexas cualificou de “veto ilegal e antidemocrático” que o PSOE impedise o debate da moción urxente sobre a situación dos bombeiros no Pleno de onte.
Ler novas