Néstor Rego
Novas
Néstor Rego, deputado do BNG Congreso, e Xabier P. Igrexas, portavoz e candidato do BNG de Vigo

BNG propón aumentar o investimento para Vigo en máis de 72 millóns de euros nos Orzamentos do Estado

Néstor Rego demandará do Goberno do Estado unha aposta decidida para finalizar a saída sur de Vigo que permita conectar a Galiza con Portugal: “acabou o tempo de estudos. É a hora de compromisos e actuacións reais”

A frente nacionalista aposta pola implantación do servizo de cercanías ferroviarias nas cidades da Galiza e as súas áreas de influencia que, no caso vigués, daría cobertura a máis de 750.000 habitantes

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e os vigueses estamos fartas de anuncios, de promesas incumpridas polos sucesivos gobernos españois de PSOE e do PP. É hora de pasar das palabras aos feitos no BOE”

Ler novas
Novas
Néstor Rego e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG esixirá no Congreso a paralización inmediata do recheo no Berbés impulsado polo PP coa complicidade do Goberno español

A fronte nacionalista presentará unha nova iniciativa da man do deputado Néstor Rego para frear esta obra que se está a realizar sen garantías preventivas nin un informe que xustifique a súa pertinencia.

Xabier P. Igrexas: “Supón cementar 8.000 metros cadrados da ría de Vigo, unha agresión ambiental inxustificábel que só responde á visión depredadora da Autoridade Portuaria”.

Ler novas
Novas
1576091147_855782_1576092191

Néstor Rego insta ao goberno central e á Xunta a buscar mecanismos para abordar a crise do naval vigués

Néstor Rego pregunta ao goberno do Estado se ten previsto repoñer aos traballadores e traballadoras afectadas as prestacións por desemprego consumidas durante os periodos de inactividade de Vulcano e Barreras

O BNG mostra a súa preocupación ante a situación que está vivindo o sector naval galego e a incapacidade da Xunta para desbloquear unha solución

Ler novas
Novas
2020012419030280973

Néstor Rego presenta á veciñanza de Teis e Chapela o acordo de investidura que suprime a peaxe da AP-9 en Vigo

O acordo devolverá unha bonificación do 100% para usuarios e usuarias recorrentes que empreguen a autoestrada como mínimo dúas veces ao día, todos os días da semana e para todo tipo de usuarios e usuarias

Néstor Rego destaca a gratuidade do tramo Vigo-Redondela, “que é de xustiza, pois Vigo era a única cidade que non tiña o acceso gratuíto”

Ler novas
Novas
Barreras 4

O BNG reclamará en Madrid que se concrete o apoio do novo Goberno español a Barreras

  • Néstor Rego: “Nos próximos días presentaremos unha iniciativa parlamentaria ao respecto, manteremos as conversas pertinentes co Ministerio de Industria, manteremos a comunicación co comité de empresa. Dende logo estaremos sempre ao dispor dos traballadores e traballadoras para darlle unha saída definitiva a Barreras e que garanta a súa continuidade”.
  • A fronte nacionalista volveu demandar, por boca do seu concelleiro en Vigo, Xabier P. Igrexas, que a Xunta exerza as súas competencias para garantir o futuro do estaleiro e deixe de ser “un convidado de pedra”.
Ler novas
Novas
imaxe 2

O acordo asinado polo BNG conseguiu poñer enriba da mesa a necesidade de buscar unha solución a crise industrial que sofre a ría de Vigo

Néstor Rego lembra que non só sae beneficiada Galiza, tamén moi de preto os intereses dos vigueses e viguesas, que verán solucionarse problemas como a suba das peaxes nos tramos da AP-9 ou a crise industrial.

O deputado recorda que se creará unha comisión de seguimento para o cumprimento das medidas asinadas no acrodo co grupo socialista.

Ler novas