pediatría
Novas

O BNG esixe unha emenda total das políticas “kamikazes” da Xunta que teñen colapsada a sanidade pública en Vigo

A fronte nacionalista denuncia as “gravísimas” consecuencias dos recortes do Goberno galego do PP, con largas esperas na Atención Primaria e unha forte presión asistencial nos servizos sanitarios da cidade

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses, as galegas e galegos, temos dereito a unha atención sanitaria de calidade todos os días do ano, tamén en verán”

Ler novas
Novas
Montse Prado en rolda de prensa acompañada de Alexandra Fernández, Xabier P. Igrexas e Carmela González

O BNG esixe a retirada do protocolo que deriva as consultas pediátricas por teléfono na área de Vigo

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Parlamento galego para que a Xunta dea marcha atrás nesta decisión que “pon en risco a saúde” das nenas e dos nenos

Montse Prado: “Esta circular non é unha ocorrencia de última hora, senón un paso máis na voadura programada do PP contra a Atención Primaria e a sanidade pública”

Xabier P. Igrexas: “É insoportábel que haxa máis de 3.600 crianzas que hoxe non teñen pediatra asignada na área de Vigo”

Ler novas
Novas
O concelleiro e candidato do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo esixe unha rectificación inmediata da Xunta por derivar a atención telefónica cando non haxa pediatra

A fronte nacionalista cualifica de “escándalo inaceptábel” esta instrución do Sergas e anuncia iniciativas no Parlamento galego para garantir a atención sanitaria presencial das crianzas en todos os centros de saúde da cidade

Xabier P. Igrexas: “A Delegada da Xunta en Vigo e candidata do PP ten que dar explicacións, non hai lona xigante que poida tapar a brutal ofensiva do seu partido en contra da sanidade pública”

Ler novas
Novas
Concentración de representantes do BNG nas Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

O BNG urxe á Xunta máis medios para resolver o colapso das Urxencias pediátricas na área sanitaria de Vigo

A fronte nacionalista reclama no Parlamento galego reforzos de persoal no Hospital Álvaro Cunqueiro e nos centros de saúde, así como habilitar máis Puntos de Atención Continuada con atención pediátrica, para poñer fin á saturación

Montse Prado: “Estamos nunha situación dramática por unhas políticas sanitarias do PP que non garanten a atención dos nenos e nenas por especialistas de pediatría”

Xabier P. Igrexas: “É intolerábel que a resposta por parte do conselleiro de Sanidade diante desta situación límite sexa que o problema é que as nosas crianzas enferman” 

Ler novas
Novas
xabier p

O BNG de Vigo critica os novos recortes do Sergas na atención pediátrica na cidade

Xabier P. Igrexas: "Un verán máis a Xunta do Partido Popular castiga a cidade de Vigo con recortes sanitarios. Coruxo volverá ficar sen pediatra e catro centros de saúde non terán atención pediátrica pola tarde. É intolerábel.”

A fronte nacionalista chama a que as viguesas e vigueses aposten pola reversión dos recortes e a blindaxe da sanidade pública apoiando o proxecto de “cambio galego” que lidera Ana Pontón.

Ler novas