BNG Vigo
05/maio/2021
A fronte nacionalista iniciou hoxe na cidade de Vigo unha rolda de actos informativos para rexeitar o proxecto de lei da universidade privada e demandar máis recursos para fortalecer o sistema universitario público.
O deputado, Manuel Lourenzo, anunciou que demandarán no Parlamento Galego a retirada do proxecto de lei que “non ten máis obxectivo que afondar nas políticas de privatización e desmantelamento da universidade pública galega”.
O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, denuncia o “cinismo” e “duplo xogo” do PSOE neste debate, lembrando que na cidade o grupo socialista fixo pinza co PP para evitar unha declaración institucional que rexeitase a nova universidade privada.