O Bloque inicia o luns na CIG a rolda de encontros coas centrais sindicais

O Bloque inicia o luns na CIG a rolda de encontros coas centrais sindicais

Emprego, industria e defensa dos servizos públicos serán os eixos das vindeiras xuntanzas nas que participarán os candidatos nacionalistas

 

Vigo, 6 de marzo de 2015.- O candidato do BNG á alcaldía da CIG, Serafín Otero, iniciará o luns a rolda de contactos que manterá coas centrais sindicais cun encontro coa executiva comarcal da CIG. Con estes encontros, a formación nacionalista quere explicar as liñas principais do seu programa electoral, “centrado na aposta polo emprego e as necesidades para manter a industria en Vigo”, subliña Otero.

En concreto, na xuntanza cos dirixentes da CIG, o candidato nacionalista afondará na defensa dos servizos públicos, nas melloras pertinentes, e na posibilidade da recuperación da xestión por parte do Concello. “Queremos asemade escoitar as propostas que nos poidan trasladar desde a central sindical e valorar a súa incorporación ao noso programa”, explicou.

No encontro, ademais do cabeza de lista da candidatura do BNG, participarán o candidato 3, Manuel G. Moreira, e o responsable comarcal, Manuel Caride. Terá lugar na sede da CIG a partir das 11.30 horas.