AGARDÁMOSTE NAS MÚLTIPLES ACTIVIDADES EN VIGO CON MOTIVO DO DÍA DA PATRIA GALEGA

Toda a programación da Semana da Patria en Vigo

cartaz semana da patria-01
cartaz semana da patria-01

Aquí tes todas as actividades que desde o BNG e Galiza Nova desenvolvemos en Vigo con motivo do Día da Patria Galega. 

Toda a programación da Semana da Patria en Vigo

O BNG de Vigo programou unha rede de coloquios, debates, presentacións de libros, filmes e accións de rúa con motivo do Día da Patria Galega.

A II Semana da Patria Galega en Vigo arrinca cargada de actividades para o pensamento, debate e acción en diversos puntos da cidade de Vigo, con motivo da celebración o 25 de xullo do Día da Patria Galega. O luns e martes son os días para os coloquios, cunha conferencia analítica sobre o empobrecemento, perda de capacidade produtiva e desmantelamento da industria galega que se produciu coa entrada no mercado común europeo, na que falarán a deputada do BNG Montse Prado e o director da Fundación Moncho Reboiras, Manuel Mera.

O martes é a quenda do activista en defensa da lingua e escritor Carlos Callón, mentres que o mércores instalarase a carpa nacionalista na Farola de Urzáiz con actividades de rúa.

O Venres 21 proxectarase no Bar O Batallón a longametraxe documental “Lume novo”, sobre o movemento estudantil na Galiza desde o maio do 68 até os anos 90, e contarase coa participación do director do filme, Alberte Mera.

Finalmente, o sábado 22 pola mañá membros de Galiza Nova Vigo, mocidades do BNG, confeccionarán un mural pola autodeterminación de Galiza diante do Marco.

O Bloque arrinca esta semana da Patria logo de realizar un exitoso encontro aberto con Ana Pontón no Calvario o pasado venres, e de este domingo realizar unha viaxe a Cíes con máis de duascentas persoas participantes e a extensión dunha bandeira xigante da Patria no areal de Rodas.

Programa da Semana da Patria Galega

17 de xullo ás 20h. Libraría Cartabón. R/Urzáiz, 125. Vigo

Palestra: 25 anos do ingreso na Unión Europea, 25 anos de ruína para o pobo galego.

Interveñen: Montse Prado (deputada BNG) e Manuel Mera (Fundación Moncho Reboiras).

 

18 de xullo ás 20h.Libraría Andel, A/Camelias,102.

Palestra: Somos galeg@s por obra e graza do idioma.

Intervén: Carlos Callón, escritor e activista en defensa da lingua.

 

19 de xullo, 18-20hs. Farola de Urzáiz

Carpa nacionalista e actividades na rúa.

 

21 de xullo ás 20h. Bar O Batallón R/Martín Códax, nº17.

Proxección-coloquio: “Lume novo”

Intervén: Alberte Mera, director do filme documental.

 

22 de xullo ás 12h. Escaleiras do MARCO. Mosaico pola autodeterminación.