sanidade
Novas
montse02

O BNG alerta das “graves deficiencias” na limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro e esixe á Xunta que actúe

A fronte nacionalista recolle as denuncias do propio persoal do servizo e apoia a súa demanda de que se reforce con máis persoal e protocolos claros.

Montse Prado critica que o modelo privatizador do HAC, que supón un custe por acima dos 100 millóns de euros anuais, continúe a condicionar a atención sanitaria.

Xabier P. Igrexas:  “É inaceptábel que os baños dun hospital se limpen menos veces que os dun centro comercial, e que isto pase no medio dunha pandemia é unha temeridade moi perigosa”.

Ler novas
Novas
povisa01

O BNG demanda que Xunta e Inspección de Traballo actúen en Povisa diante da falla de persoal e medidas preventivas

Os sindicatos denuncian ratios de atención que triplican os do Sergas, a negativa da empresa a proveerlles de EPI e a atención cruzada de pacientes positivos por Covid e non contaxiados.

A deputada e portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado, anunciou unha batería de iniciativas no Parlamento galego para urxir unha resposta enérxica por parte do Sergas e da Inspección.

Xabier P. Igrexas: “As preto de 140 mil persoas adscritas na área de Vigo a Povisa, polo cupo do Sergas, non poden ser pacientes de segunda ou de terceira, e menos en medio dunha pandemia”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo cualifica de “inxustificábel e inaceptábel” que se estean anulando vacinacións contra a gripe por falla de existencias

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, esixe á Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, que explique á cidadanía “porque seguimos padecer unha sanidade recortada, que non conta cos medios necesarios, nin tan sequera para garantir algo tan básico e importante como é a vacina da gripe”.

A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, interpelou esta mesma semana o conselleiro de Sanidade para que dese conta do plan de continxencia do Sergas para atender as necesidades sanitarias, tanto as derivadas da Covid19 como as de carácter ordinario.

Ler novas