O BNG de Vigo demanda a Caballero que estude novas restricións ou adiamentos de eventos públicos na cidade
A fronte nacionalista cualifica de “moi preocupante” a evolución pandémica na área sanitaria de Vigo, na que se pasou en apenas un mes de 191 casos activos a 3165, tras se rexistrar o maior aumento de positivos en 24 horas desde o inicio da pandemia.
Xabier P. Igrexas: “Non podemos ficar impasíbeis diante do agravamento da situación sanitaria na cidade e na área sanitaria. Hai que actuar con responsabilidade e con anticipación para evitar escenarios inda máis complexos e duros”.