Novas

O BNG de Vigo pide a Caballero un compromiso real en favor do libro e da lectura en lugar de “palabras ocas”

A fronte nacionalista demanda que se retome a posta en marcha dunha Rede Municipal de Bibliotecas, iniciada en 2011 coa Neira Vilas no Calvario, un Plan local de promoción da lectura e axudas ás librarías da cidade.

Xabier P. Igrexas: “As salas de lectura de Caballero son espazos diáfanos, que parecen sacados dun catálogo de Ikea, que só teñen mesas e cadeiras, pero nas que non hai nada que ler”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo demandará no Pleno medidas contra a suba da luz


Rexeitan a modificación do sistema tarifario aprobada polo Goberno español de PSOE e Unidas Podemos polo seu “grave impacto” nas persoas consumidoras e PEMEs.

Reclaman que se reduza, de maneira permanente o IVE ao 4%, a retirada de impostos e peaxes que non teñen a ver co consumo, a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega e a creación dunha empresa pública galega de enerxía

Xabier P. Igrexas: “O debate non pode ser a que hora hai que poñer a lavadora, senón porque os custes eléctricos de poñela son agora un luxo inasumíbel para as familias traballadoras”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas

O BNG emenda a ordenanza de administración electrónica do Concello de  Vigo para que a dixitalización “non deixe a ninguén atrás”

Demandan medidas contra a fenda dixital e en apoio dos colectivos vulnerábeis, maiores garantías no proceso de notificación, a simplificación dos procedementos e que se respeite a lingua galega como idioma oficial do Concello.

Critican que o Goberno municipal tardase 4 anos en levar a ordenanza a Pleno e que “por sectarismo” rexeitase as emendas do BNG para mellorala en favor da veciñanza. Defenderanas a través dun voto particular no Pleno deste mércores.

Ler novas
vulc

O BNG de Vigo promoverá unha declaración institucional para que o Pleno esixa que a nova concesión portuaria no antigo Vulcano garanta a continuidade do estaleiro

A fronte nacionalista dá a “benvida á rectificación” da posición do alcalde pero demanda un apoio “real e firme” para evitar a fin do estaleiro.

Xabier P. Igrexas: "Queremos que o Pleno envíe unha mensaxe clara e rotunda en nome da cidade de que non imos tolerar que o Partido Popular a través da Autoridade Portuaria acabe con este estaleiro para o converter nunha extensión da terminal de contedores”.

Ler novas
montse02

O BNG revólvese contra os feches de camas nos hospitais de Vigo e esixe o reforzo da Atención Primaria cara ao verán

A deputada e portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, presentou unha batería de iniciativas no Parlamento galego para esixir explicacións sobre a negociación dun novo contrato millonario con Povisa mentres se manteñen inoperativas 255 camas públicas.

Xabier P. Igrexas: “A día de hoxe xa hai centros de saúde nos que hai que agardar moitos días e semanas para lograr unha primeira cita telefónica. Non podemos permitir que se reduza inda máis a capacidade de atención no verán”

Ler novas
luz

O BNG inicia en Vigo a recollida de sinaturas contra a suba da luz

Despregarán puntos informativos e mesas de recollida de sinaturas en todos os barrios e parroquias da cidade.

Carmela González: “As novas tarifas prexudican gravemente as familias traballadoras e as empresas do noso País e só beneficia ao lobby das grandes eléctricas. As mesmas empresas que teñen os seus consellos de administración cheos de exministros de PSOE e PP”

A fronte nacionalista demanda a rebaixa do IVE, a creación dunha empresa enerxética pública e a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega.

Ler novas