O BNG de Vigo cualifica de "improvisación irresponsábel" o traslado do parque de bombeiros a Coruxo
Xabier P. Igrexas: "Teñen que deixar de xogar cos bombeiros, porque é tanto como xogar coa seguridade das viguesas e dos vigueses"
O BNG de Vigo demanda unha auditoría das EDAR da cidade após a nova denuncia de cheiros insoportábeis en Coruxo
Xabier P. Igrexas: "Non é aceptábel que a veciñanza de Coruxo volva pagar as consecuencias do mal funcionamento da depuradora"
O BNG de Vigo pide a fin do "acoso" contra o movemento veciñal e demanda que o Goberno municipal abra un diálogo "honesto" coa FAVEC
A fronte nacionalista chama ao concelleiro de Participación Cidadá, Pablo Estévez, a actuar como tal e a desistir da pretensión de desaloxar pola forza a federación veciñal da súa sede.
Xabier P. Igrexas: "Democracia é moito máis que votar cada catro anos. Democracia é diálogo, é escoitar, tamén a quen pensa diferente, e sobre todo, é participación. Non pode haber democracia si se persigue a quen discrepa"
O BNG de Vigo celebra o apoio unánime á súa moción contra as peaxes nas autovías
Xabier P. Igrexas: "O Pleno enviou en nome da cidade unha mensaxe rotunda e clara: hai que acabar coas peaxes, non multiplicalas. O Goberno español de PSOE e Unidas Podemos ten que tomar nota e rectificar"
A iniciativa tamén reclamaba que a Xunta avance na supresión das peaxes nas estradas da súa titularidade, como son a AG55 e AG57.
O BNG de Vigo leva ao Pleno o rexeitamento a impor peaxes nas autovías
Xabier P. Igrexas: “O que ten que facer o Goberno de Madrid é cumprir coa palabra dada con Galiza e poñer fin ao atraco das peaxes, non multiplicalas”.
Demandan tamén avanzar na supresión da peaxe da AG57, de titularidade da Xunta de Galiza.
O BNG de Vigo reclama a fin do "confinamento" do Arquivo Pacheco no 30 aniversario da súa adquisición polo Concello
Xabier P. Igrexas: “O Arquivo Pacheco é a memoria visual de preto dun século da nosa Historia. A memoria é o soporte da nosa identidade, somos porque fomos, e o maltrato que padece o Arquivo lesiona esa identidade”
A fronte nacionalista denuncia a falla de conservación, a dixitalización incompleta e a non exhibición deste valioso fondo fotográfico.
O BNG pide a Caballero que dedique "a mesma enerxía e esforzo" a combater a crise industrial da cidade que a promocionar o "nadal colosal"
Xabier P. Igrexas: “Feixóo en Galiza patrocina o monocultivo do Xacobeo como única política de promoción económica e do emprego. E en Vigo Caballero promove o monocultivo das luces de nadal”.
A fronte nacionalista lembra que o PSOE tombou unha moción na que se recollía un paquete de medidas específicas para enfrontar o devalar industrial.
O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal tras as advertencias do Consello de Contas
Xabier P. Igrexas: "O que nos di o Consello de Contas e do que non quere falar Abel Caballero é que na xestión económica do Concello hai moitas sombras. Luces, apenas as do nadal"
A fronte nacionalista considera "graves" algunhas conclusións do informe do Consello de Contas en relación á operación de rescate do Auditorio Mar de Vigo, da falla de persoal municipal, de que 8 de cada 10 subvencións foran "a dedo" ou o abuso irregular dos contratos menores.
O BNG volverá demandar que se homologuen as titulacións da ESAD como universitarias
O deputado e portavoz de Educación do Bloque no Parlamento galego, Manu Lourenzo, denuncia as eivas que a non homologación provoca no estudantado no acceso a becas e na validación internacional do título.