Novas
rolda orzamentos

O BNG demanda un aumento de 105 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para Vigo

A fronte nacionalista presenta emendas centradas en enfrontar os efectos socioeconómicos da pandemia, o reforzamento dos servizos públicos a atención de necesidades infraestruturais.

A deputada, Carmela González, denuncia que o proxecto de presupostos elaborados polo Partido Popular non están focados na reactivación do País.

Xabier P. Igrexas: “Os orzamentos de Feixóo insisten en virarlle as cotas á principal cidade de Galiza e pretenden continuar a política de abandono que o PP aplica en Vigo”.

Ler novas
xpi auga

O BNG de Vigo alerta de que a estas alturas non se sabe cal será a tarifa da auga en 2021

_A modificación da ordenanza, aprobada en solitario polo Goberno municipal, inda non é definitiva ao non se ditaminar as alegacións veciñais nin se volver levar a Pleno.  

_A fronte nacionalista demanda un debate social amplo para reformar a ordenanza cunha nova tarifa dentro dun novo modelo de xestión pública dun ben esencial como é a auga.

Ler novas
Encontro telematico recheos

O BNG suma forzas na ría de Vigo para frear novos recheos

A fronte nacionalista mantivo un encontro telemático con responsábeis institucionais das comarcas de Vigo e O Morrazo, no que participaron representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Vigo e o deputado no Congreso, Néstor Rego.

O BNG subliña o seu rexeitamento ao proxecto de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios de Vigo e reitera a súa aposta polo desenvolvemento da PLISAN como porto seco.

Ler novas
pleno c

O BNG pide que os plenos do Concello de Vigo deixen de ser “clandestinos”

_A fronte nacionalista reclama que se publiciten de maneira activa as convocatorias, que a emisión en liña das sesións se faga tamén desde a portada do portal web do Concello e que se dispoñibilicen todos os vídeos dos plenos xa realizados.

_Xabier P. Igrexas: “É absurdo que as viguesas e os vigueses poidamos ver calquera pleno ou comisión celebrada no Parlamento galego ou no Congreso, pero non os plenos do Concello”

Ler novas
hostalaria01

O BNG demanda un plan de rescate urxente a favor da hostalaría de Vigo e alerta da súa situación límite

Xabier P. Igrexas: “Non é aceptábel que o Goberno municipal de Vigo vaia subvencionar o vindeiro ano con 2 millóns 700 mil euros a aeroliñas privadas e pretenda non destinar un só euro de axudas directas á hostalaría e o pequeno comercio da cidade”.

A deputada e portavoz de Comercio do BNG no Parlamento galego, critica o desleixo da Xunta e denuncia que apenas resolveron o 20% das axudas a persoas autónomas.

Ler novas
ria de vigo

O BNG demanda do Goberno español a anulación do informe de avaliación ambiental simplificada do Porto de Vigo

A través dunha iniciativa no Congreso do deputado Néstor Rego, demandan un proceso de avaliación ambiental ordinario que garanta a participación de entidades e colectivos.

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, formulou tamén alegacións no proceso de exposición pública reiterando a radical oposición a novos recheos portuarios na cidade.

Ler novas

O BNG de Vigo insta o Goberno municipal a que esixa a Vitrasa o estrito cumprimento das súas obrigas salariais

_Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que o persoal que traballa nun servizo de titularidade municipal, como o bus urbano, estea sen cobrar”

_A fronte nacionalista demandou explicacións ao alcalde para que aclare se o Concello ten algún pago pendente á Vitrasa, como alega a dirección da empresa.

_Piden que se a concesionaria non aboa a paga extra pendente se lle abra expediente sancionador por parte do Concello.

Ler novas
xpi02

O BNG de Vigo demanda un novo bono social que faga gratuíto o autobús ás persoas perceptoras do IMV, desempregadas de longa duración e sen ingresos

Para a fronte nacionalista non ten sentido que estes colectivos non se beneficien da gratuidade que si gozan, de maneira xusta, as pensionistas con ingresos de até 13.300 euros brutos anos.

Xabier P. Igrexas: “Se o alcalde baixase do coche oficial, inda que sexa híbrido, comprendería a importancia que ten unha medida como esta para millares de viguesas e vigueses que teñen dificultades económicas”

Ler novas