Novas
avento

O BNG de Vigo chama a poñer en marcha unha programación cultural municipal “en liña” para evitar que a pandemia afogue a cultura na cidade

Propoñen que se organicen actuacións e eventos no Auditorio Municipal para  súa emisión por medios dixitais, para facelos accesíbeis e axudar a compañías e artistas.

Xabier P. Igrexas: “É inconcibíbel que a cidade de Vigo non ofreza contidos culturais en liña cando dispoñemos dos medios económicos e técnicos para poder facelo”.

Ler novas
foto

O BNG reclama a supresión xa da peaxe na AP-9 no tramo Vigo-Redondela

Néstor Rego reuniuse coas asociacións de veciños de Teis, Chapela e Trasmañó para pór en común a situación en que se encontran as rebaixas das portaxes da AP-9 que estaban previstas e que o Goberno español aínda non executou.

Houbo coincidencia en que xa non valen escusas e deben ser aplicados os descontos e a supresión no tramo Vigo-Redondela de maneira inmediata.

Ler novas
beisbol01

O BNG reclama que se dote a Vigo dun campo de béisbol

Esixen que o alcalde cumpra coa palabra dada en 2016 para evitar a desaparición do único clube de elite que fica en activo.

Xabier P. Igrexas: “Un clube vigués ten que competir como local en Oviedo porque non teñen campo. Esa é a aposta do Goberno municipal polo deporte vigués”.

Ler novas
parques s

O Bloque cualifica de “irresponsábel e inxusta” a decisión de fechar a práctica totalidade dos parques infantís de Vigo

A fronte nacionalista critica “o desleixo e incapacidade de xestión” do Goberno municipal que leva desde outubro sen licitar o novo contrato para a desinfección.

Xabier P. Igrexas: “O único que vai provocar este peche é unha maior concentración de crianzas e familias nun menor número de parques, xusto o contrario do recomendan as autoridades sanitarias”.

Ler novas
CONSE

O BNG esixelle á Xunta que actúe diante da situación lamentábel do Conservatorio Superior de Música de Vigo

A deputada, Alexandra Fernández, reclamará a través unha iniciativa parlamentar a reforma integral das dependencias do conservatorio para poñer fin ás graves deficiencias que fan “impracticábel” a docencia musical .

A fronte nacionalista pide tamén que o Concello de Vigo atenda as demandas do alumnado no que ten a ver coa mellora dos accesos e a conexión por transporte urbano.

Ler novas
nestor03

O Bloque leva ao Congreso a paralización do túnel da Porta do Sol de Vigo

Néstor Rego destacou que o deseño licitado, coas súas dúas ramplas de acceso proxectadas, impedirá a extensión futura da peonalización á contorna do Paseo de Afonso XII.

Xabier P. Igrexas salientou que o BNG está a prol de que se peonalice o quilómetro cero de Vigo, continuando a aposta que iniciamos desde unha alcaldía nacionalista no Calvario, na praza da Independencia ou na praza da Constitución.

Ler novas