Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

Xabier P. Igrexas retruca a Font sobre Guns N’ Roses: “A cidade merece menos mentiras e máis transparencia”

O portavoz municipal do BNG Vigo insiste en que arestora continúa sen ter acceso aos 41 documentos e expedientes relacionados co concerto

A fronte nacionalista considera “raro e sospeitoso” que a carta de interese remitida a Sweet Nocturna en outubro, e da que nunca falou o Goberno, se incorpore nun expediente en xuño

Xabier P. Igrexas: “Font dixo solemnemente que non houbo acordo previo coa promotora. Agardemos que nos vindeiros días ou semanas non acabe aparecendo algún outro documento, formal ou informal, ou outro tipo de proba que o refute. De suceder sería un punto de non retorno”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que Caballero segue sen facilitarlle os expedientes do concerto de Guns N’Roses

O Goberno municipal volve incumprir o Regulamento Orgánico do Pleno ao non facilitar en prazo acceso aos 41 documentos e expedientes solicitados polo BNG e ao negarse a aclarar se houbo ou non un acordo previo coa promotora do concerto

Xabier P. Igrexas: «Canto máis se empeñan en ocultar máis apesta todo a chanchullo. As viguesas e vigueses merecen saber como se ian usar case 2 millóns de euros de diñeiro público»

Ler novas
Acción reivindicativa do BNG sobre a AP9

Carme da Silva chama a votar BNG como “única solución posible” para unha AP9 galega e libre de peaxes

A cabeza de lista por Pontevedra di que PSOE e PP enganan a galegas e galegos “unha vez e outra” alternándose no bloqueo da transferencia

Lembra que a rebaixa do 50% acadouse grazas a Néstor Rego e insta ás persoas que apoiaron ao BNG nas últimas municipais a repetir papeleta para conseguir un grupo galego “realmente forte”

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reivindicou como prioridade no Congreso poñer fin á “navallada” da AP9 na cidade

Ler novas

O BNG chama a concentrar o voto “inconformista” para facer valer Vigo con máis forza no Congreso

A fronte nacionalista apela as viguesas e vigueses que confiaron no Bloque nas pasadas municipais e galegas a renovar o seu apoio á “única candidatura galega” este 23X

Brais Ruanova: “Animamos a mocidade a que vexa no BNG unha garantía de que se van escoitar as súas necesidades, un voto fronte a máis paro, precariedade e emigración”

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses xa saben o que poden esperar das forzas estatais que, de maneira reiterada, veñen ignorando os intereses da nosa cidade”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

A Valedora do Pobo abre expediente polo patrocinio de Guns N Roses tras a denuncia do BNG de Vigo

A fronte nacionalista pediu o amparo do organismo diante da “opacidade” do Goberno de Caballero, que se negou a facilitar acceso á documentación relativa ao concerto

Anuncia tamén que rexeitan un ano máis as entradas que o Goberno municipal reparte de balde aos representantes da Corporación para as actuacións de Castrelos. “Son unha prebenda inaceptábel”, afirma o portavoz municipal, Xabier P. Igrexas

Ler novas
patria

O BNG de Vigo atribúe ao “españolismo máis casposo” o novo desprezo de Caballero ao Día Nacional de Galiza

A fronte nacionalista rexeita a decisión “unilateral” do Goberno municipal de postergar a setembro a realización do acto institucional do Concello polo 25 de xullo

Xabier P. Igrexas: “Alegar a celebración de eleccións xerais o 23 de xullo para postergar, sen data concreta, o acto é unha tomadura de pelo. Acaso se os comicios se celebrasen, como se prevía inicialmente, o 3 de decembro o alcalde ía pospoñer o acto institucional polo Día da Constitución a febreiro?”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que a “incompetencia” do Goberno municipal impide constituír o Consello da Xerencia de Urbanismo

A fronte nacionalista lamenta que a “teimosía” de Abel Caballero teña o máximo organismo urbanístico aínda pendente de formación, malia as advertencias do Bloque

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, cuestiona a decisión do alcalde de deixar fóra do Pleno de Organización a designación de representantes, que obrigará a convocar unha nova sesión extraordinaria

Ler novas