Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide suspender a licitación de Samil até resolver as alegacións ao proxecto de recuperación dunar

A fronte nacionalista considera “incomprensíbel” que o Goberno municipal pretenda iniciar os traballos cando aínda non está definida a reforma do paseo por parte do MITECO

Reitera a necesidade de rectificar o proxecto proposto polo Goberno español por “insistir nun modelo fracasado” que vai limitar o alcance da recuperación do areal

Xabier P. Igrexas: "Non podemos seguir insistindo en cementar Samil, que é unha praia urbana pero ten que deixar de ser unha praia urbanizada"

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda uns orzamentos participativos no Concello para o 2024

A fronte nacionalista reitera a necesidade de elaborar as contas municipais contando coas propostas da veciñanza e do tecido social para decidir o destino dos recursos públicos

Xabier P. Igrexas: “Son o mellor antídoto fronte ao total abandono dos nosos barrios e parroquias, fronte a esta política de grandes anuncios e propaganda e fronte á permanente inexecución orzamentaria do Goberno de Abel Caballero”

Ler novas

Xabier P. Igrexas: «Ver cargos públicos nunha procesión é máis propio do medievo que do século XXI»

O portavoz municipal do BNG de Vigo volve criticar a presenza de representantes públicos nos actos relixiosos e rexeita o financiamento público de procesións

Ningún nin ningunha representante institucional do BNG participará da procesión do Cristo da Vitoria e desde a fronte nacionalista avogan por avanzar na separación entre as institucións públicas e as confesións relixiosas

Ler novas

O BNG esixe unha emenda total das políticas “kamikazes” da Xunta que teñen colapsada a sanidade pública en Vigo

A fronte nacionalista denuncia as “gravísimas” consecuencias dos recortes do Goberno galego do PP, con largas esperas na Atención Primaria e unha forte presión asistencial nos servizos sanitarios da cidade

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses, as galegas e galegos, temos dereito a unha atención sanitaria de calidade todos os días do ano, tamén en verán”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda transparencia sobre a avaliación ambiental e as miles de alegacións veciñais do novo PXOM

A fronte nacionalista solicita a comparecencia da equipa redactora do Plan Xeral para dar conta da tramitación, diante da “opacidade” coa que está a xestionalo o Goberno local

Alerta da pretensión do Goberno de Caballero de manter o proxecto de vial PO-010 que tronzaría as parroquias de Vigo, malia os “graves” impactos e non estar xustificado

Xabier P. Igrexas: “Non se pode ir agora a unha tramitación exprés sen antes transparentar e explicar á veciñanza que se vai facer coas súas alegacións”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG Vigo, coa carta de interese

O BNG solicita todas as cartas de interese enviadas polo Concello de Vigo a promotoras de concertos dende 2022

A fronte nacionalista reclama acceso a esta documentación diante das “continuas falsidades” do Goberno municipal sobre o patrocinio de Guns N’ Roses, entre elas que a carta de interese remitida a Sweet Nocturna era similar a moitas outras emitidas

Xabier P. Igrexas: “Do que dependa do BNG, as viguesas e vigueses van coñecer toda a verdade, caia quen caia, de como xestiona os recursos públicos o Goberno de Caballero”

Ler novas
Fochanchas na pista de Peinador en marzo de 2023 [Imaxe: @controladores]

O BNG de Vigo urxe reforzar o mantemento de Peinador para evitar novos peches até a renovación da pista

A fronte nacionalista demanda un Plan de Dinamización do aeroporto con medidas como a mellora dos accesos, a conexión intermodal e cun bus directo, a apertura da terminal as 24 horas e potenciar o transporte de mercadorías

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, lamenta as negativas continuas dos Gobernos español e galego a desenvolver estas melloras no grande aeroporto do sur de Galiza
 

Ler novas

O BNG de Vigo esíxelle ao novo presidente da Autoridade Portuaria que desista definitivamente de perpetrar novos recheos

O portavoz municipal do BNG Vigo vén de remitirlle a Carlos Botana unha carta na que lle traslada catro cuestións da “máxima importancia” para avanzar cara a un porto máis sustentábel e mellor integrado na cidade

A fronte nacionalista demanda tamén a reordenación dos usos da lámina portuaria, unha aposta decidida pola PLISAN como “porto seco de Vigo”, un compromiso real para poñer fin ás verteduras de augas sen depurar e recuperar o diálogo e a cooperación entre o porto e o Concello

Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir cementando un ecosistema tan valioso, do punto de vista ambiental pero tamén da actividade económica como é a Ría de Vigo”

Ler novas