Actualidade
SerafinOtero

O BNG emenda 7,5 millóns de euros do orzamento municipal para que atenda as necesidades reais de Vigo

_As modificacións buscan reforzar os servizos públicos, as políticas sociais, de emprego e de igualdade, e apostar nun Vigo máis verde.
 
_Propoñen duplicar o orzamento do Plan municipal de emprego, a construción de 3 novas escolas infantís e de 2 bibliotecas, crear unha axuda de 200€ mensuais para o alugueiro das familias sen recursos e a posta en marcha dun programa de apoio ás mulleres vítimas de violencia machista.

Ler novas
ap9-03

O BNG leva até as cabinas de peaxe entre Vigo e Pontevedra a súa campaña pola fin da “navallada” da AP-9

_Desde a comarca de Vigo partiu unha caravana de coches que protestaron simbolicamente abonando o importe da peaxe entre a cidade olívica e Pontevedra con moedas dun céntimo.

_O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, critica o “cinismo” de Caballero sobre a conversión en vía urbana do tramo da AP-9 que atravesa a cidade e lémbralle que o PSOE opúxose en 2011.

Ler novas
serafinotero

Serafín Otero: “A proposta de orzamentos municipais non dá resposta aos problemas reais da xente e dos barrios”

_O responsábel local do BNG, Serafín Otero, fixo unha primeira valoración da proposta de orzamentos para 2017 e anunciou a posta en marcha dunha campaña para formular unha alternativa “radicalmente diferente”. 

_O Bloque presentou esta mañá en rolda de prensa as 17 alegacións presentadas ás ordenanzas fiscais aprobadas en solitario polo PSOE, por ser “socialmente inxustas”.

Ler novas
bng2

O BNG urxe un acordo que desbloquee a posta en marcha do Campus do Mar

_O deputado Luís Bará, e a deputada, Montse Prado, mantiveron esta mañá un encontro co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

_A fronte nacionalista reiterou o seu “apoio decidido” ao Campus do Mar, que xulgan un proxecto “estratéxico” para Vigo e a súa comarca.

_Demandan un acordo claro entre Xunta, Concello de Vigo e Zona Franca, para superar os últimos atrancos que impiden dar luz verde ao proxecto.

Ler novas