Actualidade
centro cívico calvario

Vigo para as persoas

Demandamos que o futuro Centro Cívico inclúa entre os seus servizos un auditorio de tamaño medio, unha ludoteca, espazos multiusos, unha sala de ensaio para grupos musicais, un espazo xuvenil, unha sala de exposicións e un centro municipal de internet. Entendemos necesario que albergue unha Oficina municipal de distrito (que permita a realización de xestións e recibir información municipal) e que sexa sede dun centro de información dos dereitos das mulleres.

Ler novas
fala corrixido

Coloquio en Vigo: As Irmandades da Fala

Non podes perder o coloquio sobre as Irmandades da Fala. Este venres 30 de xuño ás 20:00h terá lugar en Vigo na Libraría Cartabón (r/Urzáiz 125 ) unha charla-coloquio organizada polo BNG, a través da comisión comarcal de acción social. Neste acto a intervención correrá a cargo da nosa compañeira Goretti Sanmartín Rei, Coordinadora da Executiva Nacional do BNG e Vicepresidenta da Deputación da Coruña.

Ler novas
foto illas cies alberte mera

Participa do roteiro polas Illas Cíes

Convidámoste un ano máis ao roteiro polas Illas Cíes que organizamos desde o BNG. Será o domingo 16 de xullo, para coñecer o noso entorno, a riqueza natural da Galiza e pasarmos un tempo de convivio. Animámosvos a participar e a facer extensiva esta información. 

Hora de saída de Vigo:  Concentrarémonos ás 10:30h. no peirao de onde saen os barcos para as Illas Cíes, no Porto de Vigo. Partiremos ás 11:00h. cara ás Illas Cíes.

Ruta en barco:  Saída do peirao de Rodas ás 12:00 horas para realizar o percorrido en barco, no que poderemos observar as illas en todo o seu perímetro, cunha duración de aproximadamente 2 horas.

Desembarco ás 14:00 horas no Peirao de Rodas. As persoas que non desexen participar desta parte do roteiro poderán desembarcar previamente no Peirao de Rodas.

Xantar:  Correrá a cargo de cada quen. Estará aberto o restaurante do cámping (cómpre facer reserva).  Rutas a pé: Percorrido a pé polas Illas de Monte Faro e de Monteagudo, en grupos dunhas 50 persoas. 

Regreso a Vigo: Ás 19:30h regreso ao peirao de Vigo a onde chegaremos sobre ás 20:15 horas.  Custe, prazo para reservas e pago de billetes:

O custe do roteiro é de 15 € para maiores de 12 anos, de 8€ para nen@s 4 a 12 anos, e de balde para menores de 0 a 3 anos.

O número de prazas está limitado a 245 persoas.

No caso de chegarmos a este número, abriremos unha listaxe de agarda numerada por orde estrita de chamada ou chegada de correo electrónico.

Os billetes mércanse na sede comarcal do BNG en Vigo (r/Celso Emilio Ferreiro, 3 -Baixo). 

A reserva de praza podes facela na sede comarcal, chamando ao986.44.73.00 ou enviando un correo a [email protected], indicando o nome completo e número do DI de cada persoa (no caso de menores, indicar idade), e un teléfono de contacto. A praza estará reservada un máximo de 4 días desde a reserva e confirmada no momento do abono do seu importe. A data límite para reservar a praza e abonar o billete será o 10 de xullo ás 14h.

Ler novas