ambulancias
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, na protesta veciñal contra a talla de árbores na Falperra

O BNG de Vigo esixe a Caballero que anule definitivamente a talla de árbores na Falperra que foi paralizada grazas á mobilización veciñal

A fronte nacionalista demanda que se convoque unha xuntanza urxente do Consello Sectorial de Medio Ambiente do Concello para abordar a posta en marcha dun Plan de protección do arboredo na cidade

Xabier P. Igrexas:
“As viguesas e vigueses queren e merecen máis árbores e non menos, queren e merecen unha cidade máis naturalizada para que o verde lle gañe a batalla ao gris do cemento e o asfalto"

¬PROTESTA AMBULANCIAS 061: O BNG reitera o seu total apoio ás 260 traballadoras e traballadores de Ambulancias do Atlántico e esixe á Xunta o rescate da concesión

Ler novas
Novas
Montse Prado e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG esixe a intervención da Xunta diante da gravísima situación nas ambulancias do 061 na área de Vigo

A fronte nacionalista urxirá no Parlamento galego que a Xunta actúe rescatando a concesión en mans de Ambulancias do Atlántico, garantindo o pago de salarios e provedores e investigando o uso dos recursos públicos recibidos pola concesionaria

Montse Prado: “Non podemos permitir que a saúde e a vida da veciñanza da área sanitaria de Vigo estea permanentemente en risco, a Xunta ten que deixar de poñer parches e actuar con contundencia”

Xabier P. Igrexas: “Este é tamén o legado da xestión do último conselleiro de Sanidade, hoxe relevado, Julio García Comesaña, que se negou a meter man en algo tan serio e grave como as condicións nas que se atenden as emerxencias sanitarias”

Ler novas
Novas
061

O BNG de Vigo alerta da insuficiencia de ambulancias do 061 na cidade

A fronte nacionalista denuncia que se están producindo demoras na atención de emerxencias sanitarias por falla de medios e esixe un “reforzo permanente e dimensionado” para unha cidade de 300 mil habitantes.

A deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, interpelará o conselleiro sobre esta situación.

Xabier P. Igrexas: “Hai casos de xente agardando varias horas unha ambulancia do 061 con cadros de insuficiencia respiratoria, e iso é intolerábel”

Ler novas
Novas
ambul

O BNG alerta en Vigo que os recortes nos servizos de emerxencia sanitaria poñen en risco a poboación

O 061 permite que ambulancias operen sen máis persoal que o condutor ou condutora e está a substituírse o transporte programado en ambulancia polo uso de taxis.

A fronte nacionalista critica que unha área sanitaria de medio millón de persoas só dispoña de 2 ambulancias de soporte vital avanzado.

Montse Prado expresa o compromiso do Bloque para reverter os recortes sanitarios impostos polo Partido Popular.

Ler novas