O BNG insta o Concello de Vigo a tomar o control de Vitrasa ante a “actitude pirata” da empresa
A fronte nacionalista pide designar unha Intervención Técnica municipal da concesión diante dos “graves e reiterados incumprimentos” que precarizaron o bus urbano
O Concello encargaríase do servizo utilizando o persoal, medios e material da empresa, como paso previo a un eventual rescate definitivo da concesión
Xabier P. Igrexas: “O Concello de Vigo ten que enviar a mensaxe de que xa chegou, que non se pode tolerar por máis tempo esta situación nun servizo municipal que é esencial”