execución
Novas
O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, xunto a concelleira Ana Martínez e o concelleiro Filipe Abalde no Pleno de Vigo [Arquivo]

O BNG de Vigo critica que o Goberno de Caballero “promete moito pero fai moi pouco”

A fronte nacionalista denunciou no Pleno a permanente inexecución dos presupostos, despois de que o propio Goberno municipal recoñeza no marco orzamentario 2025-2027 que este ano deixarán sen gastar, como mínimo, case o 20% do capítulo de persoal e máis do 40% dos investimentos previstos

Xabier P. Igrexas: “Non é aforro nin eficiencia, é incapacidade e falla de xestión. Desde 2019 son case 500 millóns de euros de necesidades desatendidas e de promesas incumpridas”

¬SAÍDA SUR DE ALTA VELOCIDADE:  Sobre a proposta do Partido Popular de promover un Pleno extraordinario, Xabier P. Igrexas advirte que “agardamos que vaia precedida dunha rectificación rotunda das declaracións de Isabel Díaz Ayuso nas que pedía priorizar a conexión Lisboa-Madrid  sobre a de Vigo-Porto e tamén das desculpas do PP á cidade por paralizar o desenvolvemento da Saída Sur durante os gobernos de Mariano Raxoi"

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo urxe unha folla de ruta para evitar que os 200 millóns de remanentes municipais queden bloqueados

A fronte nacionalista critica o “irresponsábel silencio” do Goberno municipal diante das interpelacións do Bloque sobre as medidas para evitar a inmobilización destes fondos pola previsíbel fin da suspensión da regra de gasto

Xabier P. Igrexas: “Non nos podemos permitir o luxo de ter estes recursos nunha caixa con cadeado pola incapacidade do Goberno municipal de executar os seus orzamentos”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde (grupo municipal do BNG de Vigo)

O BNG de Vigo cualifica de “estafa” a xestión do Goberno de Caballero con 152 millóns sen gastar en 2022

A fronte nacionalista cuestiona no Pleno a “crónica” inexecución orzamentaria do Goberno municipal, que ascende a 436 millóns de euros durante os últimos catro exercicios

Xabier P. Igrexas: “Son o Goberno da propaganda pagada con abundante diñeiro público porque prometen e prometen pero despois non fan: iso non é aforro, é incumprimento”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo, no Pleno municipal

O BNG de Vigo cualifica de “estafa piramidal” ao goberno de Caballero por deixar sen gastar 152 millóns en 2022

O concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas, denuncia no Pleno que desde 2019 quedaron sen executar máis de 436 millóns, “o equivalente a ter o Concello pechado sen ningún servizo dous anos”

Reprocha o “talante autoritario” do alcalde por negar outra vez a palabra á veciñanza presente na sesión plenaria e acusala de ser ‘rebentadores da democracia’

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG critica que Caballero presuma do gasto millonario no ascensor HALO mentres mantén no abandono aos barrios de Vigo

A fronte nacionalista reclama máis investimentos nas parroquias e lembra que as necesidades da cidade son máis que grandes obras e inauguracións no centro

Denuncia que tres de cada catro promesas e anuncios son “propaganda”, diante da permanente inexecución orzamentaria do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “Mentres o alcalde fachendea dese millonario ascensor de Star Trek, mantén un muro a medio caer durante máis de tres anos no Freixeiro ou segue sen dotar duns aseos á ETEA demandados desde hai seis”  

Ler novas
Pleno
Xabier P. Igrexas durante o Pleno municipal

Xabier P. Igrexas: “A acción do Goberno municipal de Vigo raia na estafa política: promete, anuncia e publicita pero non fai”

O concelleiro do BNG de Vigo advirte no Pleno da “baixísima execución orzamentaria” do Concello, con seis de cada dez euros do presuposto municipal sen executar a falta dun trimestre para o remate do ano.

A moción presentada pola fronte nacionalista para estabelecer un Plan de Promoción da Lectura e unha rede municipal de bibliotecas foi rexeitada polos votos do grupo socialista.

Ler novas