Xabier P. Igrexas: “Este resultado histórico do BNG demostra que Vigo non quere máis do mesmo e será o motor do cambio en Galiza”
A fronte nacionalista reivindica o “salto de xigante” como primeira forza en Vigo con 56.820 votos e un incremento do 14% que permitiu derrotar o PP na maior cidade galega
O Bloque comprométese a defender Vigo “con aínda máis forza” no Parlamento galego contando por primeira vez con 3 deputadas e deputados da cidade: Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova
O portavoz municipal destaca que o BNG case duplicou o resultado do candidato fake Abel Caballero, a quen desautorizaron as viguesas e os vigueses nas urnas este domingo
O BNG chama a concentrar o voto en Vigo: “Se a nosa cidade empurra, o cambio galego será imparábel coa presidencia de Ana Pontón”
A candidatura viguesa do Bloque lanza un vídeo no peche da campaña electoral do 18F poñendo en valor o peso de Vigo para facer realidade a mudanza no Goberno da Xunta: “Que ningún voto quede nada casa, que ningún voto se perda este domingo”
Reivindican a papeleta do BNG como garantía da fin dos recortes e privatizacións na sanidade pública, do impulso produtivo e industrial na cidade e da vivenda como dereito
Pontón: “Estamos moi cerca do cambio e é o momento de apostalo todo ao BNG para construír unha Galiza mellor”
Pide unha mobilización masiva o domingo e unir con ilusión todo o voto do cambio na papeleta do Bloque para facer historia coa primeira presidenta
Aposta por impulsar todo o potencial de Vigo como motor industrial do País e dotar a cidade de máis infraestruturas e mellores servizos públicos
O BNG compromete máis recursos para atender a saúde mental: “Hai máis suicidios que psicólogos na sanidade pública”
A fronte nacionalista reforzará o persoal na Atención Primaria, onde 1 de cada 3 consultas están relacionadas coa saúde mental, e que acumula listas de agarda de até un ano
Brais Ruanova: “Este 18F temos a grande oportunidade de que a saúde mental deixe de depender da nosa conta bancaria para ser unha auténtica prioridade na sanidade pública”
O portavoz municipal Xabier P. Igrexas alerta de que a área sanitaria de Vigo rematou 2023 cun récord de case 70 mil consultas psiquiátricas e un 20% máis de ingresos hospitalarios relacionados coa saúde mental
O BNG promoverá políticas reais para combater a pobreza e o empobrecemento
A fronte nacionalista recuperará a Tarxeta Básica, porá en marcha un Plan de erradicación do chabolismo e a infravivenda ofrecendo alternativas habitacionais dignas ás persoas sen fogar e reforzará os servizos sociais comunitarios
Carmela González: “Unha Xunta presidida por Ana Pontón non vai deixar a ninguén atrás e reforzará con máis medios as políticas públicas que permitan unha verdadeira inclusión social”
Xabier P. Igrexas: “Hai que acabar coas escasas políticas de caridade asistencialista do Partido Popular para poñer en marcha políticas de verdadeira xustiza social”
Bará: “O goberno do BNG na Xunta será o goberno do tren e esta será a lexislatura do tren para Galiza”
O cabeza de cartel por Pontevedra destaca que o tren de proximidade Vigo- Pontevedra pode ser unha realidade en dous anos
Garante que o Bloque “porá as pilas” ao Goberno central para desbloquear a Saída Sur de alta velocidade entre Vigo e Porto
O BNG declarará Vigo como cidade tensionada da vivenda para frear o “brutal aumento” dos alugueiros
A fronte nacionalista compromete tamén a promoción de vivenda pública, mobilizando inmóbeis baleiros, limitando o uso turístico e despregando axudas á emancipación da mocidade e para as familias vulnerábeis
Alexandra Fernández: “O PP dinamitou durante 15 anos na Xunta as políticas públicas de vivenda, deixando en mans da especulación este dereito básico”
O BNG reactivará a Lei de desenvolvemento do Naval para priorizar o sector no despegue industrial de Galiza
Bará avanza que o Bloque dende a Xunta convocará a mesa do naval con todos os axentes e apostará pola innovación, a especialización e o soporte financeiro para acometer novos proxectos
Garante o centro de reparacións navais na Ría de Vigo para que conseguir que a cidade sexa a grande locomotora industrial do país
O BNG reclama que a Xunta financie a bancada de Gol mais afea que Caballero use o Pleno de Vigo como “arma electoral”
O portavoz municipal nacionalista critica que o alcalde convoque unha sesión extraordinaria a menos dunha semana das eleccións galegas cando se ausenta reiteradamente das ordinarias para ir de tertuliano a televisións en Madrid
Lamenta que Caballero non teña promovido Plenos cando o Goberno de Pedro Sánchez dixo que non a proxectos chave para a cidade como a Saída Sur, o tren de cercanías ou a fábrica de baterías
Xabier P. Igrexas: “O BNG sempre estamos do lado da cidade, goberne quen goberne aquí, en Santiago ou en Madrid, algo que outros non poden dicir”